menú
Mobile World Congress

Guía rápida para o Mobile World Congress

22/02/2017
Blog R

O sector do móbil prepárase para a súa gran cita anual, o Mobile World Congress. Do 27 de febreiro ao 2 de marzo, Barcelona converterase no escaparate internacional das próximas tendencias móbiles e tecnolóxicas. LG e Nokia centrarán as miradas nesta edición coa presentación das súas últimas novidades en alta gama, pero non serán os únicos. Destacan as conferencias do conselleiro delegado de Netflix e o creador de Pokemon Go, así como eventos para emprendedores, para os máis novos, para poñer en valor o papel da muller, etc.

O Mobile World Congress non defrauda e este ano superará os 100.000 asistentes, que poderán asomarse ás propostas de máis de 2.000 expositores. Un non parar, vaia. Preparados para coller un boli aquí, unha pin alá, un caderno, un lapis de memoria…? O merchandising que non falte . Benvidos á feira do non só móbil.

Premiers móbiles

As principais marcas de móbiles calan como un peto sobre o que traerán ao MWC para non desvelar o misterio. A expectación é máxima, pero algúns detalles fóronse coñecendo a modo de pílulas. Parece que Samsung e Huawei non presentarán os seus novos móbiles insignia, cousa que si fará LG co seu LG G6. De Nokia espérase unha participación estelar con varias exclusivas  e tamén se sabe que Wiko dará a coñecer as súas novidades en gama alta e estreas nas familias U e Y.

Conferencias

Antes de afondar nos eventos, un dos piares do MWC, contámosvos as dúas presenzas máis destacadas na feira. Este ano cáese Mark Zuckerberg, fundador de Facebook, para dar paso a outras dúas personalidades do ano: o conselleiro delegado de Netflix e o creador de Pokemon Go. Prometen ser moi, pero que moi interesantes.

Eventos

O Mobile World Congress incorpora novos eventos que se suman a citas xa consolidadas como o 4 Years From Now (4YFN), un espazo dedicado exclusivamente a startups onde os emprendedores poden dar a coñecer as súas ideas, facer novos contactos ou atopar investidores.

Para ver o último en tendencias tecnolóxicas, a feira presenta o Hall 8.0 NEXTech, que contará cunha zona de drons, unha área de experiencia de grafeno ou o pavillón de IoT (internet das cousas), entre outras.

A muller cobra especial protagonismo este ano, a través do encontro Women4Tech, enfocado en tratar e reducir a brecha de xénero na industria móbil. Women4Tech contará con catro días de análises en profundidade dos temas que configuran a diversidade de xénero na industria móbil.

E os mozos tamén teñen cabida a través do YoMo (The Youth Mobile Festival). Baixo o lema “Ciencia + Tecnoloxía únense co móbil”, o festival está enfocado para que mozos de entre 10 e 16 anos se acheguen á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñería, á arte (e ao deseño) e ás matemáticas. Os mozos poderán participar en talleres, actividades interactivas ou espectáculos de teatro.

Todo isto e moito máis pasará na Fira Montjuïc e nós estaremos alí para contárvolo. Nuns días, todos os detalles do Mobile World Congress no blog.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.