
Google Translate, a app imprescindible nas túas vacacións
Se viaxas ao estranxeiro, non esquezas descargar no teu móbil a app Google Translate. Saca unha foto coa túa cámara ao texto que non entendas e a aplicación tradúcea ao instante. Útil, non? E ademais sen necesidade de conexión a internet. Sacarache de máis dun apuro se non queres acabar comendo aleta de quenlla cando querías un filete de carne . Pero non é a súa única vantaxe, nin moito menos. Contámosche todo o que podes facer con ela.
Usamos a diario o tradutor de Google no computador, axúdanos con eses correos que se atascan noutro idioma. Pero seguro que algúns descoñeciades que existe a aplicación Google Translate para móbil (Android e iOS). Converterase nun básico nas túas vacacións, porque funciona sen necesidade de internet nin datos. Cando a descargas, só tes que marcar o check “traducir sen conexión”, así de fácil.
Ademais de escribir ou debuxar a palabra ou frase que queres que traduza, a app inclúe a función Word Lens que traduce dende a cámara. Fai clic na cámara enfocando ao texto que queres traducir e ao instante terás a tradución no idioma que desexes.
Así nos explica Google como funciona a ritmo da Bamba :
A aplicación fará que parezas un nativo cando pidas un “relaxing café con leite”

Google Translate nas túas apps Android
Google acaba de lanzar unha actualización (5.0) da aplicación para que poidas acceder dende as túas apps de Android ao tradutor sen ter que saír delas. Así non terás que copiar e pegar un texto desde Google Translate, senón que poderás traducir un texto directamente dende o Whatsapp, por exemplo. Asegurámosvos que nós o probamos e é moi práctica. Ademais, funciona tamén sen conexión a internet.
Nada máis descargar a app xa che indica se queres instalar esta función “Tocar para traducir”. Dille si, quero

Máis apps de tradución
Google Translate parécenos moi completa, pero hai máis apps que che axudarán cos idiomas nas túas vacacións. Aquí van algunhas:
- iTrasnlate (Android e iOS)
- Speake and translate (Android e iOS)
- Microsoft Translator (Android e iOS)
Sayonara, baby!
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.