menú
Google Maps evitar atascos y peajes

Google Maps: evitar atascos e peaxes

27/07/2017
Blog R

Ensinámosche como configurar Google Maps para evitar atascos e peaxes nas túas viaxes. Os desprazamentos no verán xa non son o que eran grazas a Google Maps (Android e iOS). O seu sistema GPS fainos a vida moi fácil e a voz da asistente converteuse nunha compañeira máis de viaxe e nun motivo de risas grazas a esa cadencia ao darnos as indicacións . Pero ás veces non explotamos todas as vantaxes que ten a app. Hoxe contámosche dous moi útiles: evitar as peaxes en ruta e saber cando hai menos tráfico. Aforrarás tempo e diñeiro.

Infórmate de cando hai menos tráfico

Google Maps acaba de engadir unha funcionalidade que che permite saber a que hora do día che convén viaxar se queres evitar saturacións de tráfico. A través dun gráfico, poderás saber en que franxa horaria hai máis tráfico na ruta que seleccionaches. Para ver esa información, sitúate na páxina do teu itinerario e desliza cara arriba.

Google Maps evitar atascos y peajes

Evita as peaxes

Google Maps adoita poñer por defecto a ruta máis rápida, que en moitas ocasións inclúe o paso por algunha peaxe de pago. Para non verte atrapado nunha vía de pago sen querelo, debes configurar a aplicación para seleccionar a opción “evitar peaxes”. Para facelo, selecciona o menú de puntos da parte superior, á beira da túa ruta. Vai á opción “opcións de ruta” e marca o check “evitar peaxes”.

Google Maps evitar atascos y peajes

Lembra actualizar a aplicación Google Maps no teu móbilR antes de saír de viaxe para desfrutar de todas as súas funcionalidades.

Boa viaxe e a modiño ao volante.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Jose di:

    E xa q estamos, e por si un día sufrimos un despiste, qué aplicación podemos descargar en iOS para que nos lembre onde se atopan os radares?? E como a configuramos?