menú
Estrenar móvil en R cuesta menos

Estrear móbil en R custa menos

11/02/2022
Blog R

Febreiro é o mes do amor, e en R ademais é tempo de descontos. Seguimos baixando os prezos dos móbiles en todas as gamas para que cambiar de teléfono che custe menos. Entra en móbilR e elixe o teu.

 

Xiaomi Redmi 9T por 7€/mes

Xiaomi Redmi 9T por 7€/mes
Xiaomi Redmi 9T aguanta o que lle botes. Os seus 6000 mAh danche enerxía para pasar varios días sen ter que cargalo. Ademais, manterase sen desgaste durante máis de 4 anos.

Ten unha pantalla de 6,53 polgadas FHD e deseño texturizado para evitar a marca das pegadas. Só necesitarás unha para desbloquealo na parte lateral ou facelo por recoñecemento facial.

Para facer fotos profesionais, o Redmi 9T incorpora unha cámara cuádrupla: a principal de 48 MPX, un sensor ultra grande angular de 9 MPX, un sensor de profundidade de 2 MPX e unha cámara macro de 2 MPX. A frontal para selfies ten 8 MPX.

E para almacenar todas as túas fotos ou vídeos time-lapse contas con 128GB, ampliables ata 512GB cunha tarxeta microSD.

Leva o Xiaomi Redmi 9T por 7€/mes en R.
Oppo A74 por 9€/mes
 

Oppo A74 por 9€/mes

Móbil de nivel con memoria interna de 128GB para que gardes a túa música, fotos ou apps sen preocuparte polo espazo.

Ademais, notarás que vai moi rápido, aínda que esteas a facer varias cousas á vez ou teñas cen cousas abertas, grazas aos seus 6GB de RAM.

O A74 ten unha pantalla grande de 6,49 polgadas e unha batería de 5000 mAh con carga rápida para todo o día.

E en tema fotos, conta cunha cámara de catro lentes de 48+8+2+2 MPX e Intelixencia Artificial. É a artífice da selección de escenas ou do modo embelecemento. Para os selfies, ten nada menos que 16 MPX.

Estrea o Oppo A74 en R por 9€/mes.

 

Samsung Galaxy A52S dende 16€/mes

Samsung Galaxy A52S dende 16€/mes
El A52S está pensado para ti. Para que teñas unha experiencia visual máis completa coa súa pantalla Infinity-O de 6,5 polgadas.

Para que saques fotos de calidade con 4 lentes 64+12+5+5 MPX e unha selfie de 32 MPX.

Para que te entreteñas xogando con gráficos nítidos e movementos realistas, mentres Game Booster optimiza a batería, temperatura e memoria do teléfono.

Para que cargues moi rápido a batería de 4.500 mAh. Para que almacenes máis fotos e vídeos sen ter que descargalas cada pouco tempo, grazas aos seus 128GB de almacenamento.

Para que a auga lle escorregue. Resiste ata 1 metro durante 30 minutos.

E para que fagas varias tarefas á vez de forma fluída co seu procesador Octa-core e os seus 6GB de RAM.

Faite co Samsung Galaxy A52S en R por 16€/mes.

Aproveita os descontos de febreiro en R para cambiar de móbil por moito menos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.