menú
Estrena en R el nuevo Oppo A16S y una Oppo Band Sport

Estrea en R o novo Oppo A16S e unha Oppo Band Sport

14/09/2021
Blog R

Se aproveitaches o verán para desconectar, este setembro volverás coas pilas cargadas. E que mellor maneira de estar outra vez operativo que estreando móbil.

Reconecta esta tempada en R co novo Oppo A16S por 5€ ao mes. E para a rutina deportiva, unha Oppo Band Sport por só 1,5€ máis ao mes.

Reconecta coa natureza co teu novo móbil Oppo A16S

Si, si, a tempada de praia rematou; pero empezan as excursións polo campo e a montaña. Anímate a facer o Camiño de Santiago e xa verás que fotazas vas facer coa tripla cámara do Oppo A16S.

A principal é de 13 MPX e enfoca de forma automática. Coa de profundidade de 2 MPX podes desenfocar o fondo (bokeh). E a macro de 2 MPX permíteche fotografar obxectos moi pequenos dende moi preto. Ah, para fardar nas túas redes, márcache un selfie coa súa cámara de 8 MPX.

Para gardar todas estas fotos, música ou o que queiras, dispós de 64GB de almacenamento, que podes ampliar cunha memoria externa.

E xa verás que gustazo dá non quedar sen batería cada pouco. O Oppo A16S e a súa batería de 5.000 mAh dáche para ver Youtube durante 21 horas. Se ves que se está acabando, activas o modo de aforro de enerxía, e pola noite, déixalo en modo de espera para que che consuma menos.

Máis detalles que che van gustar: ten unha pantalla grande de 6,52 polgadas e HD+ para protexer os teus ollos. Pesa só 190 gramos e os seus bordos curvos 3D facilitan o agarre.

Oppo A16S e Oppo Band Sport por solo 6,5€ ao mes.

Reconecta co teu corpo coa Oppo Band Sport

Se querías unha banda deportiva para baixar os quilos do verán, estás de sorte. Levas unha Oppo Band Sport por 1,5€ máis ao mes pola compra do teu Oppo A16S.

Pero non só che vale para facer deporte, móstrache as notificacións de mensaxes e chamadas que chegan ao teu móbil, sérveche como reloxo de boneca que personalizas con 40 deseños, podes duchar con el porque resiste á auga e dúrache ata 12 días cunha soa carga completa.

Reconecta en setembro con R: Oppo A16S e Oppo Band Sport por solo 6,5€ ao mes.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.