menú
Este otoño bajamos los precios de los móviles

Este outono baixamos os prezos dos móbiles

06/10/2021
Blog R

Hai baixóns e baixóns. Que chegue o frío, a choiva, o paraugas, o abrigo, o cambio de hora, a caída das follas… é un baixón. E que os móbiles de R baixen de prezo, tamén; pero este de os bos. En R poñémoslle alegría ao teu outono baixando os prezos nestes tres móbiles: Oppo A54 5G, Samsung Galaxy A32 e Oppo Find X3 Lite.

Renovar móbil en R é un subidón!

Oppo A54 5G

Oppo A54 5G baixa a 7€/mes

Se necesitas que o teu móbil che aguante o ritmo todo o día, este é o teu móbil. Os seus 5.000 mAh danche para 13 horas de visualización de vídeo ou 27 horas de tempo de chamada. E co modo de aforro de enerxía, o 5% da batería permíteche chatear ata 1 hora en WhatsApp.

Ten un deseño premium e unha pantalla grande de 6,49 polgadas para que vexas moito mellor as túas series, fotos, vídeos… E olliño coa cámara: catro lentes 48+8+2+2 MPX con IA para obter sempre a escena adecuada. Para os selfies outonais tes 16 MPX.

Algún dato máis que debes ter en conta á hora de elixir móbil: 64GB de almacenamento, 4GB de memoria RAM e sistema operativo Android 11. + info

Samsung Galaxy A32

Samsung Galaxy A32 dende 10€/mes

Se necesitas un pouco máis de capacidade porque sacas moitas fotos e non che apetece descargalas cada dous por tres, o Galaxy A32 ofréceche 128GB de almacenamento.

A súa batería de 5000 mAh durarache todo o día e para volver telo ao tope tardas moito menos tempo, grazas á súa carga rápida de ata 15W.

E en canto ao tema cámara, novamente 4 lentes para que captes todas as cores do outono. 64 MPX para que se vexa todo nítido, a ultra angular de 8 MPX para as paisaxes, a macro de 5 MPX para que te achegues ao detalle ás follas do chan e a de profundidade de 5 MPX para que resaltes os primeiros planos. Para facer selfies dispós de 20 MPX.

Outra info de interese: memoria RAM de 4GB, pantalla de 6,5 polgadas, Android 11 e Game Booster. + info

Oppo Find X3 Lite

Oppo Find X3 Lite baixa a 15€/mes

Este Oppo é ideal se lle pides algo máis a un móbil: máis cámara, 64+8+2+2 MPX e frontal de 32 MPX; e máis memoria RAM, 8GB, para un rendemento fluído.

Destaca especialmente na calidade do vídeo. Se queres gravar algunha escena de noite, a función IA Highlight Video ilumina o plano de forma intelixente. Ademais, podes capturar ao mesmo tempo a imaxe da cámara traseira e frontal, para ver que cara pos.

A súa batería de 4300 mAh dáche bastante autonomía, pero o mellor é que coa súa carga superrápida volves ter ao 100% en só 35 minutos.

Outros datos destacados: pantalla de 6,4 polgadas, corpo ultrafino de só 7,9 mm e Android 11. + info

Elixe o móbil que máis se adapta ao que necesitas e aproveita a baixada de prezos para cambiar de teléfono este outono en R: Oppo A54 5G, Samsung Galaxy A32 y Oppo Find X3 Lite.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.