menú
Equípate con todo para la primavera en R

Equípate con todo para a primavera en R

07/04/2022
Blog R

En R imos con todo o equipo en abril para que non che falte de nada. Para que saias a facer deporte con auriculares e banda deportiva, para que teñas espazo e a mellor cámara no teu móbil pensando nas fotos das vacacións ou leves a tablet contigo onde vaias.

Estas son as novidades para ti:

 

Oppo Find X5 Lite 5G con pack de regalo gratis por 19€/mes

Aproveita para estrear móbil e levar de regalo auriculares + banda deportiva + funda protectora. Un equipo completo que xa está dispoñible en R ata o 17 de abril.

E ademais deste súper pack de regalo gratis, o novo Oppo Find X5 Lite 5G ten todo isto:

Pantalla grande de 6,43 polgadas certificada SGS Eye Care para que non forces a vista. O seu deseño delgado e lixeiro, resiste ás pegadas.

Para esas fotos tan esperadas de Semana Santa o Oppo X5 Lite conta cun trío de cámaras na parte traseira de 64 MPX, ultra grande angular 118º e sensor macro. Ademais da selfie de 32 MPX de Sony.

É ideal para retratos fixos ou en movemento, con efecto desenfocado ou sen el, para facer vídeos de alta definición con IA mesmo de noite.

Prepárate para almacenar todos os teus recordos de primavera, verán, outono e inverno sen necesidade de descargalos do teléfono. O Oppo pode con 256GB.

De autonomía vai moi ben. En 31 minutos de carga de 65W tes outra vez completa a súa batería de 4500 mAh.

Para botar unha partida no móbil tes velocidade de fotogramas, inicio rápido e control de temperatura.

A memoria RAM é de 8G e o sistema operativo: Android 11.

Compra xa en liña o Oppo Find X5 Lite 5G con pack de regalo gratis (Oppo Enco Free2 + Oppo Band Sport + funda protectora) por 19€/mes.
Oppo Find X5 Lite 5G con pack de regalo gratis por 19€/mes
 

Samsung Galaxy A53 5G dende 18€/mes

Dunha galaxia non moi afastada chegan os novos modelos da serie A de Samsung: A53 5G e A13. Dúas gamas diferentes para cada necesidade.

O Samsung Galaxy A53 5G ten unha pantalla de 6,5 polgadas, resiste á auga e saca unhas fotos de luxo grazas ás súas catro cámaras: 64 + 12 + 5 + 5 MPX e á súa selfie de 32 MPX.

O A53 garda ata 128GB, que podes ampliar a 1TB cunha tarxeta microSD.

A súa batería 5000 mAh durarache dous días e volve ao 100% antes do que pensas grazas á carga superrápida de ata 25W.

Se necesitas moita potencia para a multitarefa, este é o teu Galaxy porque a súa RAM Plus dáche un reforzo adicional. O seu sistema operativo é Android 12.

Leva agora na tenda en liña móbilR o novo Samsung Galaxy A53 5G dende 18€/mes.


 

Samsung Galaxy A13 dende 8€/mes

O Samsung Galaxy A13 ofréceche unha pantalla máis grande, de 6,6 polgadas, tamén cuádrupla cámara 50 + 5 + 2 + 2 MPX con selfie de 8 MPX. E unha capacidade para almacenar fotos e vídeos de 128GB, que podes aumentar ata 1TB cunha tarxeta microSD.

A batería de 5000 mAh aguanta dous días. O A13 dáche 4GB de RAM para un rendemento rápido e eficiente e leva sistema operativo Android 12.

Compra de forma segura e sen esperar colas o teu novo Samsung Galaxy A13 dende 8€/mes en R.

 
Lenovo Smart Tab M10 HD Plus con docking por 7€/mes

Lenovo Smart Tab M10 HD Plus con docking por 7€/mes

O complemento perfecto para as vacacións de Semana Santa e as túas findes de abril. Os peques estarán entretidos e non pesa nada.

Consulta aquí todo o que che ofrece e compra xa en liña a Lenovo Smart Tab M10 HD Plus con docking por 7€/mes.

E para encher todos estes móbiles de bos recordos coa familia e cos amigos, en R temos planazos para que goces en abril. Consulta a axenda pulsando na ligazón.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.