menú
Empareja tu móvil en R con auriculares o smartwatch por 1,5€

Emparella o teu móbil en R con auriculares ou smartwatch por 1,5€

21/09/2021
Blog R

Hai parellas inseparables como o cine e os flocos de millo, o sofá e a manta, o polbo e os cachelos… e o móbil e os accesorios. É que sen auriculares ou reloxos intelixentes parece que ao teu teléfono lle falta algo. Emparéllao en R por só 1,5€ máis ao mes e leva 2 meses de seguro móbil gratis.

Elixe o complemento inseparable do teu móbilR

Se compras un móbil en R, podes elixir o accesorio que mellor lle vai por só 1,5€ máis ao mes.

    Auriculares ZTE Live Buds

  • Auriculares ZTE Live Buds: Para escoitar música ou atender chamadas con só un toque no auricular. Son lixeiros e cómodos para as orellas, resisten á auga, conéctanse por Bluetooth e son compatibles con Android e iOS. Ademais, a súa batería dura ata 20 horas.
  • Reloj ZTE Watch Live

  • Reloxo ZTE Watch Live: Goza doutra maneira de facer deporte co reloxo intelixente todoterreo que resiste á auga, controla as túas pulsacións, axúdache a adestrar con 12 modos de deporte, controla remotamente o soño e móstrache as notificacións de chamadas, mensaxes e correos electrónicos. E de autonomía, con só 5 minutos de carga, dúrache un día enteiro de uso.
  • Banda deportiva Oppo Band Sport

  • Banda deportiva Oppo Band Sport: Non só che vale para facer deporte, tamén che notifica mensaxes e chamadas que chegan ao teu móbil, sérveche como reloxo de pulso que personalizas con 40 deseños, podes ducharte con el porque resiste á auga e dúrache ata 12 días cunha soa carga completa.

2 meses de seguro móbil gratis

Ademais, queremos aforrarche unha preocupación ao estrear móbil. En R asegurámoscho gratis durante 2 meses para que unha rotura accidental non sexa un problema.

Así que, xa sabes: Elixe na nosa páxina de móbiles R o que máis che gusta, escolle un accesorio por 1,5€ máis ao mes e goza de seguridade durante 2 meses.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.