menú
Delivery y take away, la nueva hostelería

Delivery e take away, a nova hostalería

23/10/2020
Blog R

O bar de Pepe agora leva as tapas a casa, porque Pepe viu que no delivery e o take away está a oportunidade nestes momentos. Como podes saber se o teu restaurante favorito do barrio ten servizo a domicilio ou para levar? Pois segue lendo:

Consulta a súa web

O primeiro que tes que facer é buscar na súa web ou redes sociais se ofrece este tipo de servizos e como o fai. Algúns restaurantes traballan con apps tipo Just Eat ou Deliveroo, mentres que outros se reinventaron recollendo pedidos a través de WhatsApp, correo electrónico ou Instagram.

Búscao en Google Maps

Outra opción moi cómoda é buscar o local en Google Maps, utilizando os novos filtros “para levar” ou “a domicilio”, dependendo do que che apeteza: se recoller o teu pedido e saudar a Pepe 😉 ou que cho deixen na porta.
Apps de comida a domicilio

Mira se está nunha app de comida a domicilio

As aplicacións para o móbil de comida a domicilio tiveron máis traballo que nunca. Bota un ollo para ver se o teu restaurante da esquina está nalgunha delas:

  • Just Eat: a app permíteche pedir a domicilio ou recoller comida de máis de 9.000 restaurantes en toda España. Só na Coruña, conta cuns 200 locais. Está dispoñible para móbiles Android e iOS.
  • Glovo: ademais de comida, podes pedir calquera cousa; por exemplo, un viño para acompañar a cea. Tela dispoñible en Android e iOS.
  • Deliveroo: lévache a comida a casa, ‘ofi’, parques, praias e ata cámpings. Descárgaa se tes un móbilAndroid ou iOS.
  • Uber Eats: podes pagar a través da app e seguir o estado do teu pedido en tempo real. Dispoñible para Android e iOS.
  • Yump: unha das apps máis novas deste mundo, cuxa filosofía é que saltes a cola cando vas recoller un pedido. Próbaa no teu móbil Android e iOS.

E se falamos de apps de comida, ten que soarche si ou si Too Good To Go. Xa hai unha chea de restaurantes na app (Android e iOS), que che ofrecen paquetes sorpresa coa comida que non teñan vendido a un prezo reducido. Se non a coñeces, na entrevista que lles fixemos cóntannos máis cousiñas.

É o momento de apoiar os nosos restaurantes. Úneste?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.