menú
¿Cómo es la red móvil de R? Cobertura móvil y conexión 5G

Como é a rede móbil de R? Cobertura móbil e conexión 5G

10/06/2022
Blog R

Vimos de mellorar a cobertura da nosa rede móbil para que fales e navegues a máxima velocidade. Como? Pois multiplicando por dous o número de antenas e incorporando conexión 5G, que xa inclúe por defecto todas as tarifas de móbil de R.

Seguro que xa estás a notar esta melloría, mesmo se vives en zonas onde antes o alcance era menor. Queda ata o final para que ver como lle cambiou a vida a unha clienta da montaña de Samos. É que, agora, a cobertura de R chega a calquera recuncho.

 

Duplicamos as antenas para mellorar a cobertura móbil

Para que ti poidas falar e navegar dende o teu teléfono móbil, o terminal comunícase a través dunha serie de antenas a R para que che poidamos dar servizo. Esta é unha explicación moi básica e resumida, pero dáche unha idea de como funciona unha rede de móbil.

Cantas máis antenas, maior espazo podemos alcanzar e, por tanto, a cobertura é moito máis ampla.

Pois ben, antes había zonas onde non dispoñías de antenas preto, pero agora é probable que si, porque duplicamos ese número de antenas para que sempre esteas conectado e non deixes de falar e navegar á máxima velocidade.

E se a isto lle sumas a tecnoloxía 5G, non vexas como vas notar a diferenza.

 

Engadimos todas as vantaxes do 5G á rede móbil de R

Seguro que escoitaches falar moito do 3G e do 4G, pero o 5G é relativamente novo e dá un salto de calidade na túa experiencia móbil.

Que vantaxes ten o 5G?

Consegues conectarte a unha velocidade 10 veces maior e iso nótase cando ves vídeos en streaming, descargas apps ou compartes contido. O 5G xa permite hoxe conexións de máis de 100 megas e, no futuro, espérase que chegue ata os 10 xigas.

O 5G tamén minimiza o retardo, que se xogas en liña ou fas videochamadas dende o móbil con frecuencia vénche de luxo.

E, ademais, axúdache a aforrar batería, porque a cobertura 5G consume a metade de enerxía que a 4G.

E o mellor é que non tes que facer nada, nadiña para gozalo. Non fai falta que nos chames nin solicites o servizo. Porque todas as tarifas móbiles de R xa inclúen por defecto o 5G.

Todas as vantaxes do 5G na rede móbil de R

Como podes gozar do 5G no teu móbil R

Neste momento xa hai unhas 900 localidades con cobertura 5G e seguiremos ampliando nos próximos meses para ofrecerche a mellor cobertura móbil do mercado.

Se xa es cliente, non tes que solicitar nada, nin instalar nada, como che diciamos. Só necesitas que haxa unha antena 5G preto, cada vez estamos a despregar máis, e un teléfono móbil compatible con 5G. No seguinte punto explicámosche como podes comprobalo.

Se o teu móbil non está preparado para esta tecnoloxía, porque igual ten xa varios anos, vai á nosa tenda móbil de R. No catálogo de smartphones xa verás a icona de 5G para que vaias a tiro fixo 😉.

E se non es cliente/a, ao contratar agora R xa gozarás de 5G, porque en todas as nosas tarifas de móbil está dispoñible o 5G.

 

Que tes que facer para activar o 5G no teu móbil

O primeiro que debes facer é comprobar se o teu móbil é compatible con 5G. E se é así, só tes que seleccionar esta rede no teu teléfono dende os axustes. Ambas as dúas cousas podes facelas seguindo estes pasos:

No menú de axustes do teu terminal, selecciona a opción de “conexións” ou “datos móbiles”, o nome varía dependendo do modelo e fabricante. E dende aí poderás acceder a un botón que faga referencia a “redes móbiles”.

Verás o tipo de rede á que estás conectado e se o teu teléfono che ofrece a posibilidade de 5G. Se che sae esa opción en pantalla, o teu móbil será compatible e poderás seleccionala para que o teu teléfono se conecte de forma automática á rede 5G cando teñas preto unha antena con esa cobertura.

Como che diciamos, estamos a despregar antenas con 5G cada mes en novas localidades.

Qué tienes que hacer para activar el 5G en tu móvil

Agora a cobertura de R chega a calquera recuncho

Estas melloras de cobertura da rede móbil de R xa son unha realidade. E son especialmente significativas nesas zonas de Galicia onde antes era impensable ver Netflix ou traballar na casa.

Así nolo contaba estes días unha clienta de sempre, e queremos compartir contigo a súa historia.

María, que así se chama, dicíanos que vai a un recunchiño da montaña de Samos dende hai máis de dúas décadas. E aínda que o de estar desconectada do mundanal ruído tiña o seu encanto, ademais de non recibir chamadas do xefe 😉, tamén conlevaba certos inconvenientes:

Non poder chamar a urxencias ante unha emerxencia, pasear por unha leira tranquila e que haxa un incidente ou, simplemente, chamar á súa nai para compartir con ela ese momento máxico de ver as Perseidas en agosto.

Comentábanos que o feito de ter cobertura por eses lugares dende hai unhas semanas deulles, sobre todo, moita tranquilidade e sorpresa: “O día que chegamos e recibimos un Whatsapp, sentados na mesa de pedra onde tantas veces comemos sen conexión co exterior, foi algo realmente impactante para nós”.

Está contenta porque agora pode ver unha peli, ler as noticias na tableta mentres almorza… e cruzar os dedos para que non chame o xefe 😉.

Esperamos que, como María, ti tamén goces destas melloras de cobertura móbil de R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required