menú

Leva o bono de datos ilimitado, gratis, un mes

20/09/2018
Blog R

Ola. Como sabes, hai ben pouco sacamos en móbilR varios bonos ilimitados de datos para os usos máis habituais: acceder a redes sociais, escoitar música, ver vídeos e películas ou conectarte durante a fin de semana fóra da túa casa. Pois ben, agora na túa tarifa de móbilR compatible co servizo, podes probar gratis este bono durante unha factura.

Si, si, como o les. Sen ningún tipo de compromiso podes desfrutar na túa liña do bono ilimitado que máis che guste e non pagar nada no ciclo de facturación que o actives. Despois, ti decides. Se che gusta o bono e lle sacas partido, podes seguir con el, pagando o seu prezo normal, só 5€/mes. E se non o ves interesante, só tes que solicitar a baixa do bono.

para sempre coas tarifas de 25GB e 50GB

Unha cousa moi interesante é que no caso de que en R teñas unha tarifa móbil con 25GB ou con 50GB levas de balde un destes bonos ilimitados para sempre. Santa Rita, Rita…

Tan sinxelo como escoller o que máis che guste dende a web de clientes e xa está, barra libre para o uso que ti queiras, a sumar aos datos móbiles que xa tes contratados.

bonos para todos os usos

No caso de que non teñas claro que tipo de bonos ilimitados temos, facémosche un recordatorio. Temos catro bonos. E todos custan 5€/mes:

  • bono redes: para que accedas sen límites a whatsapp, Instagram, Facebook, Messenger, Tinder, Linkedin e o resto de redes sociais máis coñecidas.
  • bono claqueta: se ves habitualmente contidos audiovisuais en Youtube, Netflix, HBO e as principais plataformas de streaming, este é o teu bono.
  • bono gramola: no caso de que non poidas estar sen escoitar música, este bono permíteche escoitar todas as cancións que queiras en plataformas como Spotify, Shazam, Google Play Music ou Apple Music.
  • bono fin de semana: é unha solución ideal para os que non paran nada na casa durante a fin de semana e gastan datos a esgalla. Calquera uso que fagas dura dende o venres ás 14:00 h ata o domingo ás 23:59 h non resta do teu plan de datos.

condicións

Para contratar estes bonos só hai que ter unha tarifa con chamadas ilimitadas e 10GB ou máis. Tamén se pode contratar nas liñas adicionais con 10GB ou máis.

Todos os bonos custan igual, só 5€/mes, non hai compromiso de permanencia e o acceso aos datos é para dentro de España.

Se aínda non activaches o teu bono, lembra que o regalamos un mes, polo que xa estás tardando en probalo 😉

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

33 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Adrián di:

    Se, por exemplo, collese o bono finde, ¿poderíao usar para tethering no PC?

  2. jose di:

    teño unha dubida…..
    a app Tunein esta contemplada no bono gramola?

  3. jose di:

    outra dubida…….
    no bono claqueta esta incluida a vosa app?

  4. Belen di:

    Se pondrian contratar con todas las tarifas no solo a partir de 10 gb la gente q tiene 25 o 50 no creo q l hagan falta
    Gracias

  5. Maria Jesús di:

    No soy muy credula a la hora de las ofertas……suelo pasar de ellas sin echarles ni un vistazo….pero lo de los datos extra me interesa ….solo hay que ver si es asi la cosa …..me arriesgaré este mes …a ver ……….UN SALUDO

  6. Hola di:

    Pregunta……..eu teño 10G no meu contrato…..meu filllo 3 …….eu uso mais facebook…..él youtube que me bono me aconsellades ou teria que coller os dous……..co finde amañariamonos???

    • Ola, Hola.

      O bono ilimitado só se pode coller nas liñas con 10GB ou máis. É dicir, se o teu fillo ten unha tarifa con 3GB, non podería activar nesa liña o bono.

      En canto a datos, non sei o uso que fas de redes sociais ou de Youtube. Gastar gasta máis Youtube que Facebook. Agora, se entras pouco en Youtube e ves moitos vídeos en Facebook, seguramente gastarás máis aí. Polo que sen saber o uso concreto que fas non che podo aconsellar adecuadamente.

      Un saúdo!

  7. SusoPB di:

    Eu non utilizo Whatsapp, porén si Telegram, está incluido Telegram en redes?

  8. Rafa di:

    Una aclaración: el bono es para lo que es (música, youtube, etc), me imagino que cuando no lo use para el fin determinado para lo que se contrata, los datos que se “gasten” salen de la tarifa contratada, ¿no?
    Otra cosa, a mi hijo le contratamos la de 25 gb, si lo he entendido bien ¿puede activar un bono de estos gratuitamente para siempre?

  9. Angeles di:

    Una duda,¿ en que consiste la tarifa ilimitada ?

  10. Sabrina di:

    Hola el bono de redes, incluye también llamadas y videollamadas por Whatsapp o solo los mensajes? Gracias

  11. Aldosu di:

    Unha pregunta do bono rede: se estou empregando a app do Facebook e hai un enlace que me dirixe a unha páxina que me abre o navegador ¿Eso é tráfico xenerado polo Facebook pois procede do Facebook ou do navegador? Non sei si me explico, os enlaces externos que hai no Facebok consideranse trafico do Facebook ? E outra pregunta se en vez de empregar a app do Facebook (que me consume moita batería) emprego a versión web do Facebook tamén é tráfico do Facebook?