menú
Aumenta tus datos en R y llévate un móvil de regalo

Aumenta os teus datos en R e leva un móbil de agasallo

16/06/2021
Blog R

Adiántate ao verán en R e enche a bolsa da praia de máis xigas e un móbil novo. Se os xigas da túa tarifa quedan un pouco curtos no verán, que é cando máis os usas ao estar fóra de casa, faite cun bono de datos extra de 20GB ou 50GB e estrea móbil por 0€.

O ben que che van vir as dúas cousas no verán máis esperado da nosa vida. E é que despois de tanto tempo na casa, estás a desexar presumir nas túas redes sociais desa terraciña na praia, dese primeiro baño, dese xeado que che sabe como nunca.

E o último que che apetece é quedar sen datos ou que o móbil quede colgado no momento menos oportuno. En R poñémoscho a ovo: extra de datos e teléfono novo a elixir.

20GB extra e o Samsung Galaxy A12 64GB por 6€/mes

Contratando 20GB extra por só 6€/mes, o Samsung Galaxy A12 64GB sáeche por 0€

Polo que che custa ese par de xeados despois da praia, levas 20GB extra -que se suman aos da tarifa de datos que tes contratada en R– e o novo Samsung Galaxy A12 64GB.

O A12 permíteche ver máis e mellor, grazas á súa pantalla Infinity-V de 6,5 polgadas.

Para inmortalizar todos os teus plans, contas cunha cámara cuádrupla de 48+5+2+2 MPX. Ten ángulo de visión de 123 graos para as panorámicas, efecto desenfoque en retratos e en imaxes de pequeno detalle. A cámara frontal de 8 MPX permitirache facer selfies impresionantes que mostren máis ou menos o fondo.

E fai todas as que queiras, non te cortes. Tes 64GB de almacenamento, que podes ampliar cunha tarxeta microSD (ata 1TB).

Para aguantar o teu ritmo todo o día, o A12 incorpora unha batería de 5000 mAh con carga rápida.

50GB extra e o Oppo A74 5G por 12€/mes

Contratando 50GB extra por só 12€/mes, o Oppo A74 5G sáeche por 0€

Se necesitas moitos xigas, suma 50GB á túa tarifa de datos con este bono extra, que trae o Oppo A74 5G a 0€.

Móbil de nivel con memoria interna de 128GB para que gardes a túa música, fotos ou apps sen preocuparte polo espazo.

Ademais, notarás que vai moi rápido, aínda que esteas a facer varias cousas á vez ou teñas cen cousas abertas, grazas aos seus 6GB de RAM.

O A74 ten unha pantalla grande de 6,49 polgadas e unha batería de 5000 mAh con carga rápida para todo o día.

E en tema fotos, conta cunha cámara de catro lentes de 48+8+2+2 MPX e Intelixencia Artificial. É a artífice da selección de escenas ou do modo embelecemento. Para os selfies, ten nada menos que 16 MPX.

Agora tócache elixir que combinación se axusta máis ás túas necesidades: 20GB extra e o Samsung Galaxy A12 64GB por 6€/mes ou 50GB extra e o Oppo A74 5G por 12€/mes.

Telo a ovo!!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

13 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar José Francisco di:

    Este aumento de xigas e durante o verán ou para sempre?.
    Podo repartir os xigas entre duas liñas da miña contá?.
    E por último, os mobile gratis van atados a unha permanencia?. Grazas.

    • blog R blog R di:

      Ola, José Francisco.

      A ampliación de datos consiste na contratación dun bono de 20 GB ou 50 GB co que che levas un móbil de agasallo.

      A oferta ten un período de permanencia de 24 meses. Podes consultar as condicións da promoción na nosa web: http://i.r.gal/5fw.

      Con respeto ao bono, podes utilizalo na liña que o activas pero non é posible compartilo co resto de liñas incluídas na túa conta.

      Un saúdo.

  2. Avatar Antonio Gil Hernández di:

    Interessam-me os gigas (20), mas não o celular, dado que ainda estou pagando o ultimamente adquirido.

  3. Avatar Francisco di:

    Pues mira bien que me vendría a mí esos gigas, pero claro después de tantos años que llevo con vosotros habéis esperado a que me vaya para Vodafone para ofrecerme el oro y el moro, llevaba todo el mes pidiendo que me hicierais alguna oferta y ahora cuando me voy a Vodafone y ya verás la portabilidad para el lunes es cuando me ofrecéis a menos precio del que yo o pedía mucho más de lo que quería desde luego sois únicos hasta para eso…. Bueno el año que viene ya me ofrecéis algo…. Aunque si estoy contento en Vodafone pues me quedaré otros 10 años hasta que me hagan la misma jugada de menospreciarme como cliente.

  4. Avatar 5mentarios di:

    Sería más honesto poner “compra el móvil y te regalamos los gigas” porque realmente lo que se está pagando es el terminal y por eso hay que mantener el bono 24 meses y si no cumples pagar el precio del aparatito. Pero bueno, el que tenga que cambiar el móvil le sacará partido a la oferta.

  5. Avatar María Josefa Castro Fernández di:

    Eso non é ningunha oferta, pois se te queres dar de baixa por que che suben o prezo saeche o mobil a precio douro.
    Sae máis a conto mercalo. de todos xeitos coma sempre os clientes de hai 20 anos, sempre somos máis perxudicados. Haberá que ir mirando outras alternativas.