menú
Aprovecha la oportunidad de llevarte el Oppo A54 asegurado

Aproveita a oportunidade de levar o Oppo A54 asegurado

20/05/2021
Blog R

Sabes distinguir unha oportunidade en canto a ves? Abre ben os ollos porque esta é das que se presenta só unha vez.

Porque que un móbil de gama de entrada, eses que son moi apañados, teña unha gran batería e cuádrupla cámara, é unha sorte; pero que baixe de prezo e estea asegurado, é unha oportunidade. Leva o Oppo A54 coas 2 primeiras cotas gratis do seguro coidamos o teu móbil por 9€ ao mes en R.

Oppo A54 coas 2 primeiras cotas gratis do seguro coidamos o teu móbil por 9€ ao mes en R

Oppo A54, imbatible na gama de entrada

Cando falamos de gama de entrada referímonos aos móbiles máis económicos de cada marca. E é, sen dúbida, unha das máis disputadas. Por iso é aí onde os fabricantes botan o resto, para diferenciarse entre tanta variedade de modelos.

E a marca chinesa Oppo soubo facelo de luxo co A54. Porque lle meteu características dunha gama máis alta no segmento máis alcanzable.

Máxima batería, velocidade 5G

O Oppo A54 funciona durante máis tempo grazas á súa mega batería de 5000 mAh. En concreto, 13 horas de visualización de vídeo, 27 horas de tempo de chamada e 40 horas en espera.

E co modo de aforro de enerxía, o 5% da batería pode alimentar 1,1 horas de chat de WhatsApp.

Catro cámaras

A cámara principal de Oppo A54 adáptase a calquera tipo de toma porque leva catro lentes diferentes para cada situación.

  • Cámara principal de 48 MPX.
  • Cámara ultra grande angular de 8 MPX.
  • Cámara macro de 2 MPX.
  • Cámara mono de 2 MPX.

E para os selfies, 16 MPX.

Oppo A54

Deseño premium

Os detalles importan, e que o móbil sexa chulo tamén por fóra, importa. O Oppo A54 ten unha pantalla plana e nítida de 6,49″ -que se estende ao longo da parte frontal- e deseño curvo na parte posterior.

Ademais, desbloquéase tanto con pegada dixital como con recoñecemento facial. E para facer pagos co teu móbil, dispón de tecnoloxía NFC.

Como ves, é moi completo.

Aproveita a oportunidade e consigue o Oppo A54 coas 2 primeiras cotas gratis do seguro coidamos o teu móbil por 9€ ao mes en R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.