menú
Aprende a sacarle partido a todas las utilidades de Google Maps

Aprende a tirarlle partido a todas as utilidades de Google Maps

09/06/2021
Blog R

Na era antes de Google Maps, para chegar ao Ézaro confiabas a túa sorte aos sinais. E se te perdías, nunca fallaba ese veciño estratexicamente situado na encrucillada, que pasaba o día indicando co dedo a dirección correcta a un turista tras outro.

Hoxe ese veciño foi sustituido pola voz do/a asistente de Google Maps, que che pode gustar máis ou menos.

Pero a aplicación de mapas máis popular do mundo non só serve como GPS. Aprende con R a tirarlle todo o partido, agora que se achega o verán.

Adapta a túa ruta á situación en tempo real

Se chegas tarde ao traballo, que sexa por eses 5 minutos de máis que quedaches lacazaneando e non por culpa do tráfico.

E é que Google Maps modifica automaticamente a túa ruta se hai atascos, estradas cortadas ou outros incidentes.

Se vas en transporte público, o mesmo. Podes ver no mapa por onde vai o bus e se tes que botar unha carreiriña mañaneira para chegar á parada. Ademais, dáche info ao minuto sobre horarios ou como de cheos van os vehículos.

Outra maneira de coñecer a cidade e de facer turismo

Non fai falta que abras outra aplicación ou busques en internet un sitio para comer. Telo todo a man en Google Maps. Na pestana “Explore” suxírenche sitios onde darte unha homenaxe ou que actividades podes facer preto de donde estás. E para dar no cravo, as porcentaxes de afinidade diranche se vai cos teus gustos.

Ademais, agora fas as túas reservas en restaurantes, compras entradas ou pides cita na pelu directamente dende Maps grazas á nova Reserva con Google.

Tamén podes crear listas de sitios aos que queres ir e engadir notas ou fotos a lugares que gardases, compartilas con amigos/as se viaxas en grupo, ou consultar as listas que crean a diario os Local Guides.

Google Maps

Funcións moi útiles para que todo saia á perfección

Máis usos que debería probar xa para planificar a túa viaxe ou gozar o camiño:

  • Garda direccións frecuentes para non ter que introducilas cada día. Ademais, se activas a opción historial poderás consultar todas as viaxes que realizaches.
  • Sitúa puntos no mapa grazas ás chinchetas e compárteos cos demais.
  • Descarga mapas por se non vas ter conexión a internet.
  • Mide distancias entre dous puntos que selecciones do trazado.
  • Crea os teus propios mapas coa ferramenta Google My Maps e compárteos con outros/as usuarios/as.
  • Móvete pola cidade sen perderte grazas á realidade aumentada. Activa Live View para que che vaia dando instrucións en tempo real por onde debes virar. Só tes enfocar coa cámara do teu móbil a rúa na que te atopas.

E o que está por chegar

Consciente de que é unha das súas aplicacións estrela, Google segue a traballar para mellorar a app día a día. Moi pronto chegarán estas novidades da man da Intelixencia Artificial:

  • Indoor Live View: utiliza sinais de realidade aumentada para que te orientes en espazos pechados, como un centro comercial ou un aeroporto. Sería útil en Ikea, non si?
  • Calidade do aire: se es alérxico a nova capa de calidade do aire de Google serache de grande axuda.
  • Rutas menos contaminantes: Google Maps suxerirá por defecto a ruta coa pegada de carbono máis baixa, sempre que o tempo estimado de chegada sexa similar ao da ruta máis rápida.
  • Alertas de zonas de baixas emisións: avisarache se estás a entrar nunha área na que se prohibe a circulación de coches contaminantes.
  • Alternativas de mobilidade na mesma pantalla: para comparar sen cambiar de pestana que rutas e medios de transporte podes utilizar para chegar ao teu destino. Ademais, aprende dos teus hábitos e priorizará a túa forma de desprazarte habitual: bici, bus, etc.
  • Máis detalle nos mapas con información sobre semáforos e pasos de peóns.
  • Información contextual: a que a cafetería situada debaixo da túa casa non está igual de “petada” ás 8 da mañá que ás 5 da tarde? Pois Google Maps diracho.

Empeza a probar todas estas funcións na túa próxima viaxe e verás como discutes menos coa túa parella e colegas no coche 😉.

Cal é para ti a utilidade de Google Maps sen a que non podes vivir? Cóntanos nos comentarios.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Eu di:

    Ola, unha pregunta onde podería ver o último contrato con R, e que fai pouco cambiei o combo e quería ver o contrato