menú
Apps solidarias

Apps e webs solidarias: en Nadal e sempre

05/12/2017
Blog R

Este Nadal achega o teu pequeno gran de area con apps e webs solidarias para que ningún neno quede sen xoguetes. Son datas nas que nos doe especialmente ver a pequenos e maiores en apuros, pero durante todo o ano podes botarlles unha man apoiando causas solidarias. Aquí recompilamos algunhas, pero hai moitos proxectos en marcha moi interesantes. Podes participar fácil e rapidamente dende o teu móbilR a través das súas aplicacións ou ben nas súas webs.

Xoguetes para todos

Súmate a algunha destas iniciativas para que os peques con menos recursos poidan xogar tamén este Nadal.

Cruz Vermella

Cada Nadal Cruz Vermella encárgase de facer chegar xoguetes aos nenos máis desfavorecidos, a través da campaña “Sus derechos en juego”. A recollida de xoguetes realízase a través de diferentes puntos propios de Cruz Vermella, ou de organizacións ou empresas colaboradoras. Consulta aquí o teu punto máis próximo. Podes doar xoguetes novos, non bélicos nin sexistas. Pero ademais, podes colaborar noutras causas solidarias. Descarga a app e descobre todas as campañas.
Dispoñible para Android e iOS

Fundación Crecer Jugando

A Fundación Crecer Jugando atópase detrás da campaña “Un juguete, una ilusión”, que pretende que ningún neno quede sen xoguetes nestas datas. Podes apoialos comprando o bolígrafo e caderno solidarios, así como facer unha doazón económica. De momento non teñen app, pero podes entrar na súa web dende o teu móbil e colaborar.

Apps solidarias Un juguete, una ilusión

Juegaterapia.org

A Fundación Juegaterapia desenvolve durante todo o ano a campaña solidaria coa que podes axudar aos nenos enfermos. Ao comprar un dos bonecos Baby Pelones contribúes á investigación contra o cancro e a que a entidade siga construíndo xardíns nas azoteas en desuso dos hospitais. Ollo, os Baby Pelones foron deseñados por personalidades como Paula Echevarría, David Bisbal, Alejandro Sanz, Shakira, Ricky Martin ou Elsa Pataky.

Reyes Magos de verdad

Participa nesta causa coa que conseguirás que o día de Reis, os xoguetes cheguen a un centro de nenos sen familia. Descubre como podes converterte nun Rei Mago.

BeneBene

Se queres doar o que xa non necesitas a xente do teu barrio ou cidade esta é a túa app. Este Nadal, podes regalar os xoguetes que xa non usas a quen máis o necesitas. Pero ademais, libros, electrónica ou roupa. Só tes que facer unha foto ao que queres doar, compartilo na app e poñerte en contacto coa organización solidaria que ti elixas.
Dispoñible para Android e iOS

Wondernology

Comprando algún xoguete ou produto de Wondernology colaboras a construír un mundo mellor. Todos os seus artigos son realizados en colaboración con ONGs. Podes mercar as Portas do Ratiño Pérez e moitas máis cousas na súa tenda online.

Apps solidarias Wondernology

Bicicletas sin Fronteras

A través desta asociación sen ánimo de lucro colaborarás para que persoas sen recursos poidan recibir unha bicicleta para desprazarse á escola ou ao traballo. Súmate á causa apadriñando unha bicicleta, doando a túa propia bici ou facendo unha doazón. Toda a info na súa web bicicletassinfronteras.org.

Solidariedade todo o ano

É certo que en Nadal abrándasenos un pouco máis o corazón, son datas emotivas, pero podes axudar aos que máis o necesitan durante todo o ano. Estas son algunhas asociacións coas que podes colaborar.

Poñémoscho moi fácil para que, con moi pouco, poidas facer feliz a moita xente. Grazas de parte de todos eles.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.