menú
Apps de Realidad Aumentada

Apps de realidade aumentada

02/10/2017
Blog R

Hai vida máis aló de Pokémon Go. Así o demostran as apps de realidade aumentada que están a empezar a desenvolverse a través das plataformas ARCore de Google e ARKit de Apple. Os dous xigantes empezaron a librar a súa particular batalla para facerse co poder da realidade aumentada. Os desenvolvedores levan uns meses probándoas e xa circulan pola rede experimentos que nos dan unha idea da que se aveciña. Ikea Place é unha das apps máis esperadas que podería estar dispoñible este outono para o iPhone 8.

Con Pokémon Go flipamos e o seu éxito rotundo puxo a Google e a Apple a traballar arreo para estar aí. E aquí están coas súas plataformas para desenvolver apps de realidade aumentada xa liberadas, para que os tecnólogos deseñen auténticas marabillas.

ARCore de Google

Google puxo en marcha hai tres anos o proxecto Tango para desenvolver as tecnoloxías fundamentais que impulsan a realidade aumentada móbil. ARCore está baseado nese traballo. De momento só funciona para o terminal Google Pixel e o Samsung Galaxy S8.


No seu blog dan máis detalles sobre esta nova plataforma que xa está aberta a todos os desenvolvedores que queiran probala. Algúns de experimentos poden verse en experiments.withgoogle.com/ar. Aquí unha mostra:

ARKit de Apple

Os de Steve Jobs están a piques de despegar. O iOS 11, que chegará no outono, presenta ARKit, un novo framework que permite crear facilmente experiencias sen precedentes de realidade aumentada para iPhone e iPad. O próximo iPhone 8 está adaptado a esta nova tecnoloxía, que contará cunha cámara especial que inclúe sensores 3D.

Os desenvolvedores estiveron trasteando e subindo algunhas das súas impresións a YouTube. Na canle Made With ARKit, tedes algúns exemplos, como este:

Apps de realidade aumentada

Ikea está a piques de sacar a súa aplicación Ikea Place da man de Apple e a app The Walking Dead Encounter xa está dispoñible para descargar e xogar.

    • Ikea Place

      No outono está previsto o lanzamento da app que che permitirá ver como quedarían os mobles de Ikea no teu salón e escalalos a tamaño. Só terás que enfocar co teu móbil, un recuncho da túa casa. A aplicación está desenvolvida a partir de ARKit de Apple e estamos seguros de que vai causar sensación.

    • The Walking Dead Encounter

      A canle AMC estrea en outubro novos episodios da súa exitosa serie The Walking Dead e xa quenta motores coa súa aplicación de realidade aumentada. Experimenta a ameaza de ata 20 dos camiñantes máis emblemáticos da serie invadíndote e comparte os sustos nas túas redes sociais. Ademais, o modo “Crear unha escena” permíteche agregar un camiñante ao teu mundo, compoñer unha escena cos teus amigos e gravalo como foto ou vídeo.

      Dispoñible para Android e iOS

AutumnIsComing e moi pronto poderemos experimentar a realidade aumentada nos nosos teléfonos móbiles.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.