menú
Apps para personalizar teclados

Apps para personalizar teclados

21/08/2019
Blog R

Dálle un toque propio ao teu móbil facilmente con estas apps para personalizar teclados. Se queres ter liberdade á hora de escoller o modo en que escribes dende o teu móbilR, aquí atoparás moitas opcións e ideas. Dende escribir directamente deslizando o dedo ou realizar accións por xestos, ata acceder a un catálogo infinito de emojis e gifs. Porque unha imaxe vale máis que mil palabras .

Para cambiar a outro teclado diferente ao que vén por defecto no teu terminal, só tes que descargar algunha destas apps que che suxerimos. Nos axustes de configuración do teu teléfono, debes seleccionar o teclado que queres usar e a desfrutalo.

Teclado Fleksy – Empodera tus chats y mensajes

Converte o teu teclado no máis rápido e personalizable. Usa extensións como: gif, teclas de acceso rápido, fila de números, controlar o cursor, pegatinas, atallos de teclado, etc. E con só deslizar o dedo poderás eliminar palabras enteiras ou engadir signos de puntuación ou espazos. Serás o máis rápido contestando Whatsapps .
Dispoñible para Android e iOS

Teclado SwiftKey

Un dos teclados preditivos máis rápidos, con predicións personalizadas que aprenden de ti e autocorrección máis intelixente. Ofréceche máis de 800 emoticonos e suxíreche os que se corresponden coas palabras que utilizaches. Ademais, podes escribir sen esforzo deslizando o dedo pola pantalla.
Dispoñible para Android e iOS

Chrooma GIF Teclado

O teclado que cambia de cor segundo a app que estás a usar. Destaca por unha mellor predición contextual grazas á súa intelixencia artificial, suxire ata emojis, números e signos de puntuación. Desliza o teu dedo para escribir e utiliza xestos para borrar palabras ou mover o cursor. Podes elixir estilos e fontes, seleccionar o modo unha man para escribir máis rápido cun só dedo e cambiar a modo nocturno cando hai pouca luz. Unha app moi valorada e recomendada.
Dispoñible para Android

Gboard – el teclado de Google

O teclado de Google no teu móbil coas súas principais funcións integradas, como o botón de procura, o tradutor de Google, ditado por voz, etc. Non tes que cambiar de aplicación para buscar e compartir contido, falo directamente dende o teclado. Ademais, podes escribir deslizando o dedo entre as teclas, deslizar o dedo pola barra espaciadora para mover o cursor, eliminar palabras por xestos e moito máis.
Dispoñible para Android e iOS

Teclado GO – Emoji Gratis

O teu teclado cunha chea de emojis , máis de 800 dispoñibles en todas as aplicacións. Inclúe autocorrección, escritura deslizando o dedo, máis de 60 idiomas e máis de 10.000 coloridos temas para elixir.
Dispoñible para Android e iOS

Teclado TouchPal – Emojis, pegatinas, GIF y temas

Se es un apaixonado dos emojis, nesta app terás de forma gratuíta máis de 1.000. Personaliza o teclado do teu móbil con máis de 100 temas e fondos coloridos, emojis, gifs ou caras de texto ( ͡° ͜ʖ ͡°), (ʘ‿ʘ). Ademais, podes establecer unha foto persoal como tema de teclado. Con TouchPal escribirás máis rápido grazas á súa predición contextual, autocorrección, escritura por desprazamento, atallos de teclado, etc.
Dispoñible para Android e iOS


O teu móbil di moito de ti e o teu teclado tamén. Dálle ao tunning e pon o teu móbilR ao teu gusto.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.