menú
Apps para ligar en San Valentín

Apps para ligar en San Valentín

23/01/2019
Blog R

San Valentín modernizouse e agora no canto de frechas usa apps para ligar dende o móbil. Se como propósito de ano novo estaba atopar ao amor da túa vida… e xa estamos en febreiro, proba con estas aplicacións móbiles. Se fas match, xa non hai stop .

Tinder

A app gratuíta para ligar por excelencia con máis de 26 millóns de matches ao día. E se fas match con alguén é cando a cousa se pon interesante. Como funciona? Inicia sesión coa túa conta de Facebook ou co teu número de móbil. Debes indicar unha serie de datos persoais e engadir unha foto se queres. Xa estás listo para empezar.

Tinder localiza a outras persoas interesadas preto de ti e che mostra os seus perfís. Para velos, só tes que desprazarte co dedo a modo de catálogo, se deslizas á dereita é que che gusta e cara á esquerda se pasas. Cando alguén te corresponde, é un match! e xa podes chatear.

Ten versión Plus a partir de 9,99 $ ao mes e Gold a partir de 14,99 $ ao mes, que permiten funcións como: Passport para charlar con persoas de todo o mundo, Rewind para dar segundas oportunidades, un Boost gratis cada semana para converterte no perfil principal da túa área durante 30 minutos, e Super Likes extra para destacar cando queiras.

Dispoñible para Android e iOS

Badoo

Outra das aplicacións móbiles máis populares para coñecer xente. Rexístraste a través de Facebook ou cubrindo un formulario cos teus datos e foto. Badoo inicia un sistema de verificación de perfís a través de Facebook, número de móbil, foto, etc. para evitar perfís falsos. A app móstrache xente que che pode interesar preto de ti e ti decides deslizando a dereita ou esquerda se che gusta ou non. Se ambos vos gustades, podedes empezar a chatear para coñecervos máis.

Dispoñible para Android e iOS

AdoptaUnTío

Nesta app gratuíta quen manda son as mozas, elas deciden quen pode escribirlles. E se pasa o seu filtro de esixencia, poderán meter ao candidato na súa cesta da compra . A aplicación conta cun asistente de voz para axudar na procura, onde podes indicar #hipster, #hippie, #punk… Pola súa banda, eles poden enviar feitizos para atraer a atención dunha moza. Divertida é un rato .

Dispoñible para Android e iOS

Bumble

Primeira aplicación que reúne nunha soa rede social a opción de ligar con Bumble Date, facer amigos con Bumble BFF e contactos profesionais para facer networking con Bumble Bizz. En Bumble, as mulleres dan o primeiro paso. Cando dous usuarios deslizan cara á dereita, prodúcese unha conexión. E é ela quen sempre debe tomar a iniciativa; con prazos de 24 horas para iniciar conversacións.

Dispoñible para Android e iOS

Lovoo

A través de xeolocalización, a app móstrache quen está en liña preto de ti. Co icebreaker podes romper xeo e chatear aínda que non teñas un match e co vídeo en directo poderás presentarte doutra maneira.

Dispoñible para Android e iOS

Happn

Cruzaches con alguén e gustouche? Pois Happn te axuda. Se pasaches xunto a outro usuario que ten instalada a app, o seu perfil aparece no teu Timeline, dentro dun radio de 250 metros. Podes darlle Like de forma secreta, a outra persoa non o saberá a non ser que tamén lle gustes. Se a atracción é mutua, teredes un Crush e poderedes empezar a falar.

Dispoñible para Android e iOS

Plenty of Fish (POF)

Como o seu nome indica, esta aplicación móbil convídate a ir de pesca . Se é quenlla ou carpa, xa é cousa túa. Co seu algoritmo de compatibilidade tes máis opcións de atopar persoas afíns a ti e poder enviar e recibir gratis mensaxes ilimitadas para coñecervos máis.

Dispoñible para Android e iOS

Meetic

Unha das páxinas máis veteranas nisto das citas. A app móstrache persoas situadas nun radio de 50km, permíteche organizar os teus próximos encontros con persoas compatibles e organizan eventos para que coñezas xente nova.

Dispoñible para Android e iOS

e-Darling

Versión móbil doutro dos portais máis lonxevos no universo das citas. Para acceder só tes que encher un test de personalidade e actualizar a foto de perfil dende o móbil ou a través de Facebook. Podes comunicarte cos perfís compatibles cando queiras e onde queiras.

Dispoñible para Android e iOS

Facebook Citas

Facebook viu o filón das redes sociais para coñecer xente e ultima xa o lanzamento da función citas ou dates. Pronto saberemos como funciona e se ten éxito.

Instagram

Chocaravos ver Instagram na lista de apps de citas e é que non se trata precisamente dunha páxina de contactos, pero cada vez se usa máis para ligar. Ai, cando dar un like signifícao todo.

Dispoñible para Android e iOS

Estas son as novas regras do ligoteo, agora ti decides se probar. E se necesitas máis datos para facer matchs a cascoporro, consulta as nosas tarifas móbilR.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto corazóns!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.