menú
Apps para hacer la compra

Apps para facer a compra

10/10/2018
Blog R

“Déixasme pasar que só levo unha cousa?”. Xa non terás que escoitar isto máis grazas a estas apps para facer a compra. Basta de colas, basta de cargar coas bolsas, basta de que as bolsas rompan, basta. Aquí atoparás aplicacións móbiles para facer a compra, para facer a lista, para controlar cando caducan os teus alimentos e as apps dos teus súper de sempre

Supermercados online

  • DelSúper

    Un SúperComprador faiche a compra no teu supermercado favorito, ti elixes cal, e lévacha en 1 hora. Ademais, suxerirache ofertas ou cambios que che conveñen, mesmo por whatsapp, un choio. De momento só opera en Barcelona, Madrid, Málaga e Sevilla, pero na súa web DelSúper podes votar para que o poñan pronto na túa cidade.

    Dispoñible para Android e iOS
    Apps para hacer la compra DelSúper

  • Ulabox

    O supermercado online no teu móbil. Compra cando queiras e elixe a franxa horaria na que queres que che entreguen o pedido. Tes máis de 17.000 produtos a ti disposición, entres frescos e envasados. Ademais, Ulabox ofréceche promos moi atractivas.

    Dispoñible para Android e iOS
    Apps para hacer la compra Ulabox

  • Amazon

    Seguro que usas Amazon para comprar de todo, pero igual non o fas para facer a compra. Non vale para produtos frescos, pero é outra opción, sobre todo para cousas especiais que non adoita haber en calquera supermercado.

    Dispoñible para Android e iOS

Lista da compra

  • Bring

    App fundamental para facer a lista da compra. Ten unha chea de funcións: podes crear diferentes listas para cada ocasión (unha festa, unha fin de semana…), compartilas coa túa familia ou compañeiros de piso ou avisarlles cunha notificación que vas saír ao súper por se queren engadir algo de última hora. Moi práctica e colaborativa.

    Dispoñible para Android e iOS

  • Quoty

    Antes de facer a túa lista, podes consultar os catálogos das túas tendas favoritas e agregar as súas ofertas á túa lista.

    Dispoñible para Android e iOS

  • Out of Milk

    Anota todo o que necesitas e non esquezas nada con esta app. Out of Milk permíteche crear listas da compra e da despensa, escanear ou meter manualmente produtos, consultar o teu historial para lembrar produtos ou ver a factura da lista da compra.

    Dispoñible para Android e iOS

  • Organizy

    App fácil de consultar cando estás no super, permite engadir produtos moi rápido con campos autocompletables. Organizy agrupa os produtos de acordo coas seccións do súper para que optimices o teu percorrido.

    Dispoñible para Android e iOS

Caducidade dos alimentos

Se o teu conxelador ten arañeiras, interésanche estas apps. Poderás ter un control do que tes na neveira ou conxelador e saber cando se vai a pasar ou saber as datas estándar de caducidade de cada alimento.
Apps para hacer la compra Ice Reminder

  • Ice Reminder-Alimentos expired: dispoñible para Android
  • Best Before: dispoñible para Android
  • Expire: dispoñible para iOS
  • Before: dispoñible para iOS

Comparador de prezos

  • Soysuper

    Antes de gastar unha fortuna na compra, asegúrate de estar diante do mellor prezo. Soysuper compara os prezos do teu supermercado habitual. Escanea o código de barras dun produto e dirache o importe e ofertas en cada súper.

    Dispoñible para Android e iOS
    Apps para hacer la compra SoySúper

  • Comparador de precios y QR

    Escanea un produto e mostra os diferentes prezos nas tendas online. Utilízao como escaner de códigos QR e garda as túas tarxetas de puntos e fidelización.

    Dispoñible para Android e iOS

O teu súper no móbil

Se tes moi claro en que súper che gusta comprar, accede directamente á súa tenda online dende o móbil.

Con estas apps podes converter a aburrida tarefa de facer a compra en pan comido. Descárgaas no teu móbilR e cóntanos que tal van.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.