menú
Apps para esquiar

Apps para esquiar

18/01/2018
Blog R

Amantes da neve, iniciados e público en xeral, atentos a estas apps para esquiar. Se o teu é o esquí, o snowboard ou a zorra (si, é así como se di en galego “trineo”), xa estás a tardar en organizar a túa próxima viaxe á neve. Con estas aplicacións poderás planificalo todo directamente dende o teu móbilR, moi cómodo e moi rápido. Infórmate das pistas abertas ou do estado da neve, reserva un pack completo, contrata a un monitor ou coñece os teus tempos en descenso. Nós dámosche as ferramentas, a habilidade é cousa túa .

Infonieve

Non ten aplicación móbil, pero Infonieve é unha das webs máis completas para planificar a túa viaxe á neve. A páxina ofrece información sobre apertura de estacións, remontes, número de pistas abertas, quilómetros esquiables, estado da neve e predición do tempo. Ademais, podes ver as webcams das principais estacións.

Parte de Nieve y Webcams

Infórmate de todas as novidades das principais pistas de esquí: quilómetros de superficie, pistas e remontes abertos, histórico de tres días da variación de neve, información de accesos por estrada, visita virtual con StreetView, etc. Podes configurar notificacións para recibir avisos e acceso en directo ás estacións a través das súas webcams.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para esquiar - Parte de Nieve y webcams

Esquiades.com – Ofertas De Esqui, Relax y Aventura

Se o teu é a paixón pola montaña e escapas en canto tes un oco, presta atención a app. Descobre todas as ofertas en España, Andorra e os Alpes franceses. Poderás reservar packs de hotel + Forfait e packs de aventura ou relax. Ademais de alugar todo o que necesitas. Con esta aplicación terás acceso á info meteorolóxica e estado das pistas, así como velas en directo a través de webcam.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para esquiar - Esquiades

Ski Tracks

Monitora toda a túa actividade mentres descendes a montaña e sen necesidade de datos móbiles. Ofrece estatísticas, ferramentas de mapeo avanzadas, posibilidade de compartir e incluír fotografías dos teus mellores momentos.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para esquiar - Ski Tracks

Alpify

Se falamos de deportes na montaña, a seguridade o é todo. Con Alpify poderás ter localizados aos teus amigos ou familiares en todo momento grazas a un xeolocalizador GPS en tempo real. En caso necesario, a app enviará a túa posición aos servizos de emerxencias.
Dispoñible para Android e iOS

uSchuss! New app

Se es novo nisto do esquí, ademais de botar man dos monitores das propias estacións, podes poñerte en contacto con profesores a través da comunidade uSchuss!. Nesta app poderás elixir un monitor, contactar con el e reservar unha clase. Ademais, podes compartir experiencias e dúbidas con outros alumnos.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para esquiar - uSchuss

Decathlon

Se xa tes todo planificado, agora só falta equiparte. Podes alugar o equipo na propia estación ou tamén podes ir comprando ti aos poucos o que necesites. Caerás na que xa se converteu nunha auténtica tribo urbana .
Dispoñible para Android e iOS
Apps para esquiar - Joshua Reddekopp
Imaxe de Joshua Reddekopp

Con estas aplicacións vivirás a neve como nunca. Fai sitio no teu móbilR para descargalas e consulta as nosas tarifas para desfrutar de máis datos.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.