menú
Apps para dejar de fumar

Apps para deixar de fumar

11/01/2018
Blog R

Ano novo, propósitos vellos? É hora de poñerlles fin. Abandona os malos fumes con estas apps para deixar de fumar. Pasamos a vida pegados ao móbil, así que este será o teu grande aliado para apagar o último cigarro. Cando che entren ganas de fumar, tira de móbil e segue os consellos para controlar a ansiedade, para superar o mono ou entra en contacto con outros ex fumadores que che botarán unha man para superalo. Que a forza che acompañe!

Kwit

Esta app dáche un extra de motivación, grazas a mensaxes positivas, información sobre a túa saúde e consellos para non recaer. Irás superando niveis e cumprindo obxectivos, que poderás compartir cos teus amigos en redes sociais. Seguro que se sentirán orgullosos de ti.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para dejar de fumar - Kwit

QuitNow! Dejar de fumar

Queres ser un quitter? Únete á comunidade de ex fumadores e escoita os seus consellos e trucos. A app indícache o tempo que pasou dende o teu último cigarro, a cantidade que deixaches de fumar, o diñeiro que aforras e a evolución na túa saúde.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para dejar de fumar - QuitNow

Respirapp

A aplicación da Asociación Española Contra o Cancro servirache de grande axuda no teu propósito. Ensínache como reducir a ansiedade, controlar o aumento de peso. etc. Rexístrate e descubre os teus progresos, que tamén recibirás en forma de notificacións. Ademais, dispós dun profesional que responderá todas as túas dúbidas.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para dejar de fumar - Respirapp

Yo Sin Humos

Especialistas de pneumoloxía avalan esta app na que atoparás estatísticas, beneficios de deixar de fumar, consellos para non fumar, recomendacións para reducir a ansiedade, info sobre que días da semana tes máis mono e botón de axuda para casos de emerxencia. Comparte os teus progresos en redes sociais e presume de forza de vontade.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para dejar de fumar - Yo Sin Humos

Smoke Free – Dejar de fumar

Máis de 20 técnicas para deixar de fumar. Aforra diñeiro e gaña saúde con esta app que te convida a propoñerte metas para superar os malos fumes. Completa misións e recibe galardóns, anota os momentos de debilidade e descubre as melloras na túa saúde.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para dejar de fumar - Smoke Free

Sacabo

A Sociedade Española de Especialistas en Tabaquismo (SEDET) bótache unha man para deixar de fumar con esta app. Anota todo o que che leva a fumar e atopa consellos para evitalo. Aprende técnicas de autocontrol, consellos para afrontar a síndrome de abstinencia durante os primeiros días sen tabaco, accede ás túas estatísticas e descobre os beneficios da túa decisión. Ademais, atoparás info sobre medicación, que facer en caso de recaídas e moito máis. Moi completa.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para dejar de fumar - Sacabo

ExFumador – Dejar de Fumar

Estatísticas, avances, beneficios de deixar de fumar e intercambio de experiencias con outros membros da comunidade.
Dispoñible para Android
Apps para dejar de fumar - ExFumador

Hipnotabaco

Descubre nesta app outra alternativa para deixar de fumar. Aprende a practicar a autohipnosis, controla a ansiedade sen aumentar de peso e consulta todas as túas estatísticas.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para dejar de fumar - Hipnotabaco

Smoking Time Machine

E se todo isto non é suficiente, nada como ver o envellecemento do teu rostro a causa do tabaco. Sobe unha foto e compróbao.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para dejar de fumar - Smoking Time Machine

Con estas aplicacións no teu móbilR e a túa forza de vontade, “ yes, you can” . Ánimo.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios