menú
Apps para alérgicos

Apps para alérxicos

23/04/2018
Blog R

O pole e o glute dificultan a vida de moitas persoas. Se é o teu caso, estas apps para alérxicos poden axudarte a levar mellor o teu día a día facilmente dende o teu móbilR. Mantén baixo control a rinite alérxica e as intolerancias alimentarias. Descubre ao instante os niveis de pole da túa cidade ou se un alimento é apto para ti cando estás a facer a compra. E, por suposto, consulta sempre co teu médico.

Alerxia ao pole

Estas apps non poden curar a túa alerxia ou paliar os engorrosos síntomas, pero si che permitirán coñecer os niveis de pole e calidade do aire en todo momento.

Polen Control

Desenvolvida pola farmacéutica Almirall conxuntamente coa SEAIC (Sociedade Española de Alergoloxía e Inmunoloxía Clínica), esta app infórmate sobre os niveis de pole nunha zona determinada e envíache alertas cando estes sexan elevados. Podes levar un seguimento diario da túa alerxia e descargar un informe para enviar ao teu médico.
Dispoñible para Android e iOS

Pollen

Consulta no teu móbil a predición dos poles na túa zona para o próximos tres días. A app permíteche levar un control dos teus síntomas e comparalo co reconto de pole. Ten á túa disposición alertas de carga personalizadas, avisos urxentes, recordatorios sobre floración e datas de consultas ao especialista, así como comunicacións directas.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para alérgicos Pollen

Polen REA

A app da Rede Española de Aerobioloxía (REA) infórmate sobre o contido polínico da atmosfera. Poderás consultar mapas nos que se reflicten os niveis das plantas máis importantes.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para alérgicos Polen REA

CALIOPE: Calidad del Aire

Indica a túa localización e a base de datos do Sistema CALIOPE dirache o prognóstico da calidade do aire. Se es runner, virache moi ben coñecer os índices dos principais contaminantes atmosféricos: ozono (O3), dióxido de nitróxeno (NO2), dióxido de xofre (SO2) e material particulado ( PM10 e PM2.5).
Dispoñible para Android e iOS
Apps para alérgicos Caliope

Allergy Track

A Federación Europea de Pacientes Alérxicos e con Enfermidades Respiratorias (EFA) colabora nesta app que te axuda a controlar a túa alerxia grazas á monitoraxe dos síntomas e a medición do impacto que ten na túa vida.
Dispoñible para Android
Apps para alérgicos Allergy Track

Alerxias alimentarias

Se o teu problema se deriva dunha intolerancia alimentaria, o máis importante é que teñas precaución. Estas apps axudarante a controlar que produtos podes inxerir ou non, permítenche escanear códigos de barras para saber os alérxenos ou indícanche establecementos onde atopar alimentos sen glute.

¡Bueno para Mi! (Alergia | Intolerancia)

Esta app infórmache dos alérxenos presentes nos alimentos, máis aló da etiquetaxe oficial que obriga a identificar 14 alérxenos. Podes escanear o código dalgún produto e indicarache mesmo se hai trazas de posibles ingredientes alérxenos. Moi útil.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para alérticos Bueno para mí

¿Qué Puedo Comer?

Aplicación colaborativa na que ti tamén que podes engadir produtos á lista de máis de 40.000 que teñen catalogados con información alerxénica e nutricional. Ademais, dispón dun escáner de código de barras para que accedas a esa info cando estás no supermercado.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para alérgicos ¿Qué puedo comer?

Allergeneat

As persoas que sofren algunha intolerancia ou alerxia alimentaria téñeno máis difícil para facer a compra. Con esta app comprarás de forma segura os produtos aptos para ti. Crea o teu perfil de alerxias, escanea o código de barras dalgún produto e saberás se podes ou non consumilo.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para alérgicos Allergeneat

Convivir

Se es celíaco aquí atoparás información sobre alimentos e medicamentos aptos para ti. Dispón dun buscador para localizar os restaurantes e puntos de venda de produtos sen glute máis próximos.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para alérgicos Convivir

CeliacCode

As persoas celíacas atoparán nesta app unha completa listaxe de produtos permitidos. Ademais, terás recomendacións de bares e restaurantes.
Dispoñible para Android

CeliCity, establecimientos sin gluten

Atopa facilmente establecementos que ofrecen produtos sen glute. Con CeliCity podes tamén engadir os que o ti coñezas, compartir as túas experiencias ou xerar a túa lista de favoritos. E se vas de viaxe, a app incorpora unha carta en varios idiomas para que poidas indicar o que podes comer. Aínda que xa che dicimos que glute en inglés dise igual .
Dispoñible para Android e iOS
Apps para alérgicos Celicity

Restaurantes Sin Gluten

Outra app moi útil para celíacos á hora de atopar establecementos onde comer en España e no estranxeiro. Teñen unha lista de máis de 5.000 bares, restaurantes, etc. que poderás puntuar, valorar e compartir nas túas redes sociais.
Dispoñible para Android e iOS


Levar toda esta info no peto farache a vida máis fácil. Proba algunha destas apps para alérxicos no teu móbilR e contamos que che pareceron.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

Gif: Disney

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.