menú
Apps de bodas

Apps de vodas

18/05/2018
Blog R

Despois de esfollar a margarida e dicir si quero, chega o máis difícil, ou non. Estas apps de vodas axudarante a organizar ese día facilmente dende o teu móbil sen morrer no intento. Organiza nun só dispositivo a túa lista de invitados e de agasallos, os asistentes, as invitacións, o autobús, etc. Noivos 2.0, iso si, os ovos hai que seguir levándollos fisicamente a Santa Clara .

Zankyou

Zankyou é unha das webs de voda imprescindibles, con ideas inspiradoras, listaxe de provedores e ferramentas online. A través da súa aplicación móbil podes informar sobre as novidades da túa voda, crear a lista de agasallos, compartir a axenda do evento, e sobre todo poderás seguir a actividade dos teus invitados, as fotos que soben á app, as mensaxes e felicitacións, música, etc. E o máis importante, por se vas vender a exclusiva ao Hola , ti decides quen pode acceder á app.
Dispoñible para Android e iOS

bodas.net

Outro portal líder no sector que che simplificará, e moito, a organización dese día tan importante. Bodas.net ofréceche un directorio con máis de 41.000 empresas especialistas en eventos nupciais, un catálogo con máis de 20.000 vestidos, moitas ideas para inspirarche, reportaxes doutras vodas e opinións. Ademais, podes unirte á comunidade de futuros matrimonios que están no teu mesmo caso.
Dispoñible para Android e iOS
Apps de bodas bodas.net

Planificador de la boda

Unha app moi útil para que esteas onde esteas poidas seguir planificando a túa voda ao teu ritmo. Aquí atoparás as tarefas máis frecuentes, a lista de invitados, os gastos que debes afrontar ou os provedores que che organizarán o cotarro. Así non tes que estresarte.
Dispoñible para Android
Apps de bodas Planificador de la boda

Appy Couple

Todos os preparativos e tarefas que tes pendentes nun só sitio. Appy Couple permíteche crear a túa propia web e app para que os teus convidados poidan coñecer máis sobre vós, reservar as súas viaxes, facer preguntas, subir fotos, etc. Porque ter unha app da túa voda é o novo negro .
Dispoñible para Android e iOS
Apps de bodas Appy Couple

Tubodamovil

Como che diciamos lévase ter unha aplicación móbil personalizada para a túa voda. Pódela tunear ao teu gusto e chamala como queiras, así que cúrrao un chisco, porque xa estaba pasado iso de mesturar os nomes ao Brangelina. En tu Tubodamovil elixes se queres enviar unha invitación online ou impresa, ao recibila os invitados só teñen que escanear o código QR e desfrutar das facilidades da app. Os invitados poden confirmar a asistencia dende a aplicación, indicar se van en autobús ou algún tipo de alerxia alimentaria, acceder á lista de vodas, subir fotos ou escribir unhas palabras bonitas aos noivos.
Apps de bodas Tubodamovil

La boda que quieras

La boda que quieras crea a app da túa voda para que vaias quentando motores antes de pasar polo altar. Ademais quedarache como o mellor recordo. Entre as posibilidades que ofrecen: os invitados poden subir fotos, vídeos e textos, elaborar a playlist para a barra libre ou acceder á lista de vodas actualizada, por se a cerámica de Sargadelos xa está collida .
Apps de bodas La boda que quieras

WedShoots

E se o que realmente queres é organizar ese día á túa maneira pero non perder nin unha foto dos invitados, confía nesta app. WedShoots é unha aplicación de Bodas.net e permíteche crear un álbum de fotos online privado, subir, comentar e votar fotos ou poñerlles filtros. Ademais, dispós dunha galería en tempo real por se queres proxectalas durante a voda. Despois, só tes que descargar o álbum e terás a mellor reportaxe fotográfica dese gran día.
Dispoñible para Android e iOS
Apps de bodas WedShoots

E despois de pasar por todos os preparativos, a desfrutar do vodorrio e da lúa de mel. No teu smartphone terás os mellores recordos dun día único. E se queres dar envexa aos teus invitados, envíalles algunha foto dende o teu móbilR no Caribe .

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios