menú
Apps de transporte

Apps de transporte

11/04/2017
Blog R

Aparca o coche e móvete como peixe na auga pola cidade con estas apps de transporte. Pasamos máis tempo diante do móbil que do computador, así que se necesitas comprar a última hora un billete de tren, saber as rutas dun interurbano ou cando vai pasar o bus, resulta moi útil ter descargada algunha app de transporte público. Bótalles un ollo e baixa a que máis che conveña para non colapsar a memoria do teu móbilR .

App para todos

Se a túa cidade non dispón dunha aplicación propia de transporte público, non te preocupes. Apps como Moovit, unha das máis valoradas e usadas, póñencho fácil.

  • Moovit: Bus, Metro y Cercanías: Podes usalo na Coruña, Ferrol e Vigo, ademais de en máis de 35 cidades de España e máis de 1.000 en todo o mundo. Combina todas as opcións de transporte público nunha única app. Notificacións, tempo real de chegada, widget coas túas liñas e localizacións frecuentes. Super completa. O que máis nos gusta é a función “Vamos”, que che alerta cando te achegas ao teu destino ou cando debas baixar.
    Dispoñible para Android e iOS.

Apps para saber cando pasa o bus urbano

O que espera desespera. Non perdas o teu valioso tempo na parada esperando ao 6. Podes saber a golpe de móbil cando vai pasar. Aquí tes as aplicacións para móbil específicas que hai nestes momentos para cada cidade galega.

Vigo

  • Bus Vigo: dispoñible para Android

Ourense

  • Ourense Bus: dispoñible para Android

A Coruña

Santiago de Compostela

  • Maisbus: app oficial dispoñible para Android e iOS
  • Santiago Bus: dispoñible para Android
  • Bus Santiago: dispoñible para Android
    Apps de transporte Bus Santiago

Bus de línea

Se vas desprazarte a outras cidades en autobús, consulta horarios, rutas ou compra directamente os billetes dende o teu móbil.

Apps para o tren

Renfe ofréceche varias apps para o móbil segundo as túas necesidades. Atopa a túa e descárgaa. Outra aplicación que atopamos interesante para conseguir trens baratos é Trens.com con billetes para o tren e AVE (dispoñible para Android e iOS).

  • RenfeTicket: para comprar billetes. Dispoñible para Android e iOS
    Apps de transporte Renfe Ticket
  • Renfe Horarios: para consultar horarios. Dispoñible para Android e iOS
  • Renfe Cercanías: para ver horarios, avisos, liñas e planos dos trens Cercanías. Dispoñible para Android e iOS
  • PlayRenfe: para conectarse á plataforma de entretemento (películas, series, música) e servizos de Renfe nos trens de Alta Velocidade e nas estacións de Cercanías/Rodalies. Dispoñible para Android e iOS
  • Adif: ver en tempo real a situación dos trens, horarios e atrasos reais e vías de chegada ou saída. Dispoñible para Android e iOS

Madrid e Barcelona

Se viaxas por lecer ou traballo a Madrid ou Barcelona, poden resultarche útiles estas apps.

Madrid

  • Transporte de Madrid CRTM: dispoñible para Android e iOS
  • EMT Madrid: dispoñible para Android e iOS
  • Metro de Madrid Oficial: dispoñible para Android e iOS
    Apps de transporte Metro de Madrid

Barcelona

  • TMBAPP (Metro Bus Barcelona): dispoñible para Android e iOS
  • Rodalies de Catalunya: dispoñible para Android e iOS

Apps para moverte en transporte urbano en Europa

E se queres ir máis aló, podes aforrar máis dun desgusto por quedar tirado nun recuncho perdido de Praga. Suxerímosche algunhas solucións no teu móbil:

  • GoEuro: atopa as viaxes máis baratas a calquera destino de Europa, comparando os horarios e prezos de todos os billetes de tren, autobús e avión.
    Dispoñible para Android e iOS.

  • Rail Planner Eurail/Interrail: aínda que non vaias facer o Interrail, a app facilítache información sobre horarios para trens e trens europeos internacionais. Moi útil se vas viaxar en tren por Europa.
    Dispoñible para Android e iOS.

Seguro que despois de ler isto che deron ganas de viaxar. Ánimo que non queda nada para as vacacións.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.