menú
apps de moda

Apps de moda: todos os detalles para estar sempre á última

08/11/2017
Blog R

As apps de moda ás que nos imos referir neste post non son as últimas apps que se lanzaron ao mercado. Pero si que son as destacadas se queres ser un influencer da moda e estar sempre á última.

Podes tolear coa cantidade de apps sobre de moda. Así que nos imos centrar nalgunhas das máis famosas e noutras que non son son tan coñecidas polo público en xeral, pero que son moi punteiras.

Para todos os petos

A británica Asos é un dos grupos de comercio online máis grandes do mundo. Conta cun amplo abano de roupa e complementos de diferentes marcas de todos os prezos e ademais dispón da súa propia marca coa que colaboran diferentes deseñadores.

Esta gran tenda é un dos referentes do mundo da moda na rúa e creadora de tendencias. Se queres saber que se leva, só tes que mergullarte na súa web ou na súa app.

Dispoñible para Adroid e iOS.

Amazon non queda atrás á hora de vender roupa e accesorios. Tes varias marcas e para todos os petos. Iso sí, podes pasar horas e horas mirando. Pero xa sabes que é unha aposta segura en canto a prazos de entrega, envíos e política de devolucións.

Dispoñible para Android e iOS.


O caso de 21 buttons é diferente, trátase dunha rede social e app que ten como obxectivo principal monetizar os looks que aparecen na súa e noutras redes sociais. Ao contrario do que pensa moita xente, non é preciso ser un influencer para vender a túa roupa aquí. Calquera que se rexistre pode facelo: tes que subir unha foto á rede social e etiquetar todas as prendas e accesorios con toda a información precisa para o comprador (marca, talla, modelo, cor e prezo).

Esta app e rede social permite estar á ultima na moda, compartir estilismos e gardar os que máis che gusten ou as prendas e accesorios individualmente para crear o teu propio.

Dispoñible para Android e iOS.

Para petos con máis fondo

Net-A-Porter é unha tenda online que vende roupa, accesorios e produtos de beleza de deseñadores destacados do panorama mundial da moda. Podes atopar prendas de Gucci, zapatos de Miu Miu ou unhas deportivas de Adidas. Está claro que as súas prendas están dirixidas a clientes cun alto nivel adquisitivo, pero sempre quedarán as rebaixas .

Dispoñible para Android e iOS.

MyTheresa é unha compañía alemá de venda online de roupa e accesorios de luxo. Entres as súas marcas destacan Valentino, Yves Saint Laurent, Jimmy Choo e Stella McCartney. Se Net-A-Porter é cara, esta non queda atrás.

Ademais de vender roupa e accesorios carisísimos, MyTheresa tamén se encarga de crear tendencias. Bótalle unha ollada a este artigo de Vogue onde os compradores da marca alemá indican cales son os zapatos que NON hai que comprar para estar á moda.

Dispoñible para iOS.

Vestiari Collective ofrece a opción de adquirir roupa e accesorios de marca máis accesibles xa que son de segunda man. Aínda que os prezos seguen sendo elevados, é un xeito de aforrar un pouco se queres algún modelo dunha das coleccións máis emblemáticas de Channel, Dior ou Valentino.

Dispoñible para Android e iOS.

Se non te podes permitir ningún dos produtos que comercializan estas tendas, non te preocupes: sempre lles podes botar unha ollada para ver o que é tendencia e adaptalo ao teu nivel adquisitivo. E se tes maña, podes botar man dun curso de confección tomando nota do que se leva e facer os teus propios modeliños .

E ti, usas algunha app que non apareza aquí? Se nos queres contar os choios que atopas, estaremos encantados .

Ata a próxima!

Gif de fashion-gifs

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.