
Apps de libros no móbil
Está comprobado que os libros atraen o po, pero tes a solución nestas apps de libros para levar comodamente no teu móbilR as túas lecturas favoritas. Podes acceder a catálogos gratuítos ou subscribirte por pouco diñeiro a todos os libros que queiras. Os libros de peto cambiaron e agora podes personalizar a letra, a cor ou a luz para lelos. Outro mundo .
Amazon Kindle
Converte o teu móbil nun kindle coa aplicación móbil de Amazon. Accede a máis de 1.500.000 libros e máis de 1.400 ebooks gratis, como O Quixote, que seguro que non o liches . E o mellor de todo é que se sincroniza entre todos os teus dispositivos. Édicir, podes empezar a ler un libro no móbil e continuar onde o deixaches no teu computador, tablet…
Dispoñible para Android e iOS
Google Play Books
Desfruta no teu móbil dos audiolibros e libros que compras en Google Play. Podes comprar volumes soltos sen necesidade dunha subscrición e escoitar mostras gratuítas antes de comprar. O seu sistema de sincronización permíteche escoitar e ler onde o deixaches noutros dispositivos, así como compartir as túas notas cos teus colaboradores a través de Google Drive. A súa función luz nocturna permitirache ler comodamente e conciliar o soño máis facilmente.
Dispoñible para Android e iOS
iBooks
Clásicos, novidades, best-sellers ou audiolibros no teu peto. Podes ler mostras gratuítas, buscar libros interactivos, seleccionar a tipografía e cor, agregar notas, facer procuras, activar o modo nocturno ou compartir citas ou opinións dos teus libros en redes sociais. Ademais as funcións de iCloud permítenche acceder aos teus libros comprados en todos os teus dispositivos e compartilos coa túa familia.
Dispoñible para iOS
Goodreads
A rede social de lectores máis grande. Servizo gratuíto con máis de 35 millóns de usuarios que engadiron máis de mil millóns de libros. Busca e revisa calquera libro entre os máis de 12 millóns, le recensións dos teus amigos e coméntaas ou utiliza o escáner de código de barras para acceder á información dun libro.
Dispoñible para Android e iOS
Aldiko Book Reader
Máis de 20 millóns de usuarios en máis de 200 países. Accede á librería Feedbooks que propón best-sellers, novidades e libros gratuítos de dominio público, importa os teus propios arquivos EPUB e PDF na aplicación, busca, engade notas, personaliza a túa lectura ou consulta o dicionario. Compatible con ebooks dispoñibles en préstamo das bibliotecas.
Dispoñible para Android e iOS
24symbols – Libros online
Servizo para ler libros dixitais en español e noutros 7 idiomas dende o teu ordenador, smartphone ou tablet. E se estás farto de que o po se amontoe nos teus libros, aquí podes crear a túa propia biblioteca e organizala ao teu gusto. Podes ler online máis 300.000 libros (5.000 gratuítos) con publicidade, ou facer unha subscrición Premium (8,99€), para ti ou para regalar, e acceder a todo o catálogo sen publicidade e ler sen estar conectado a internet.
Dispoñible para Android e iOS
Bookmate — leo lo que me gusta
Desfruta miles de libros con ou sen subscrición, por só 10,99 € ao mes accede a toda a súa biblioteca ou elixe entre 50.000 libros gratis. Ademais podes cargar un libro en Bookmate, en formato FB2 ou EPUB e lelo en todos os teus dispositivos. A aplicación recomendarache títulos acordes aos teus gustos persoais e poderás compartilos cos teus amigos.
Dispoñible para Android e iOS
Elejandria
Descarga libros sen dereitos de autor, polo que podes descargar libros legais e gratis . A biblioteca de Elejandria conta cun catálogo de 573 libros de 160 autores, que podes descargar en varios formatos: pdf, ePub, doc, Mobi de Amazon ou txt. A maioría dos autores son clásicos da literatura, pero tamén hai libros de dominio público actuais con licenzas de libre distribución.
Dispoñible para Android
Scribd – Reading Subscription
Desfruta dun número ilimitado de libros, audiolibros, revistas e máis. Dispós de 30 días para ler gratis o que desexes, unha vez pasado ese período debes subscribirte por 8,99$ ao mes. Non só atoparás as mellores novelas, en Scribd tes revistas como Time Magazine, People, Harper’ Bazaar ou ELLE, e documentos que inclúen teses académicas, informes oficiais do goberno, etc. Tamén funciona sen conexión a internet.
Dispoñible para Android e iOS
Libros gratis – Wattpad
A comunidade máis grande do mundo para lectores e escritores cunha biblioteca mundial ilimitada. Podes ler esteas conectado ou non, sen preocuparte en descargar arquivos PDF. Engade comentarios entre liñas, comparte o que pensas e interactúa coa historia.
Dispoñible para Android e iOS
Leer libros digitales – Kobo Books
Desfruta de máis de 5 millóns de libros para ler na túa tablet ou smartphone. Dispós dun catálogo de libros gratuítos e doutros ebooks de pago. Busca un libro ou déixate levar polas recomendacións, ordena e filtra como queiras, valora ou escribe unha recensión.
Dispoñible para Android e iOS
eBiblio
Préstamo de libros electrónicos no teu móbil, só debes dispoñer dun carné de usuario de biblioteca pública e a ler. Desde a app poderás navegar polo catálogo, realizar préstamos e reservas, ler online e descargar libros para ler sen conexión a internet.
Dispoñible para Android e iOS
A lectura é un pracer e, agora, un pracer moi cómodo. Descarga algunha destas apps e desfruta como nunca das túas historias favoritas.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata pronto!
2 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Muchas gracias,por el trabajo que habéis echo para felicitarnos las mejores direcciones donde poder leer libros,y la mayoría GRATIS.Estoy más que orgulloso de pertenecer (después de probar casi todas y lo digo por que ya tengo una edad) a la mejor comunidad de clientes satisfechos de esta compañía que es R.
Estoy de acuerdo; es de agradecer el esfuerzo diario de publicar un artículo de interés general. La verdad es que me encanta entrar todos los días en el blog y ver algo nuevo.Como dice el compañero da gusto ser de R. Con diferencia sois los mejores. Un saludo y muchísimas gracias.