menú
apps camino de santiago

Apps do Camiño de Santiago

21/07/2017
Blog R

Sempre é un bo momento para facer o Camiño de Santiago ou algunha das súas etapas, pero no verán adoita apetecer máis polo bo tempo. Mostrámosche algunhas apps que te axudarán a organizar e a planificar as diferentes etapas do Camiño se te animas a empezar esta nova aventura da que todo o mundo fala marabillas.

Vive o Camiño

A rede social Vive o Camiño dispón dunha app en galego, castelán e inglés que che mostra diferentes rutas para realizar o Camiño de Santiago: o Camiño Francés, o Camiño Inglés, o Camiño Portugués ou o Camiño Primitivo. Axúdate a planificar a túa ruta e cal é a mellor época para realizala, ademais indícache as vantaxes e inconvenientes das diferentes alternativas.

Dispoñible para Android e iOS.

 


 

Buen Camino

A editorial Buen Camino  lanzou hai tres anos una das apps máis utilizadas para facer a ruta a Santiago. Foi elaborada polo xornalista e experto no Camiño de Santiago Carlos Mencos, e nela que indícase o trazado das diferentes rutas a pé e en bicicleta. Todos os cambios e alertas que suceden nas rutas serán actualizados na app polos xornalistas da editorial.

Dispoñible para Android e iOS.

editorial Buen Camino

Jacostamp

Acábase de lanzar e serve xeolocalizar e conseguir as estampas do Camiño de Santiago. A través dela podes localizar e visualizar de forma rápida todos as estampas que hai en cada localidade e ir estampar o que máis che guste.

Con Jacostamp tamén podes crear a versión dixital da túa Credencial para que poidas llevala sempre contigo e engadas as estampas que ti queiras.

Dispoñible para Android y para iOS.

Camiño de Santiago Eroski

Eroski Consumer tamén pon á túa disposición unha app para facer o Camiño e comparte contigo os quilómetros exactos de cada ruta, fotografías actualizadas, monumentos destacados e toda a información sobre onde aloxarte. Ademais de dispoñer de varias rutas para facer o Camiño, tamén conta coa ruta final do Camiño cara a Fisterra e Muxía.

Dispoñible para Android e iOS.

Camino de Santiago 360º

Considerada a Mellor App Turística Nacional: Guía de Destino 2016 a app de camiño de Santiago 360º  lévate de viaxe polo Camiño de Santiago a través dunha guía interactiva. Conta coas imaxes das contornas máis espectaculares, para facer o Camiño de forma virtual ou para organizarche da forma máis “real” posible.

Dispoñible para Android e para iOS.

 


 

Durante o primeiro semestre deste ano, o Camiño de Santiago rexistrou máis de 112.000 peregrinos procedentes de diferentes lugares do mundo. O crecemento das visitas á capital de Galicia está a ser imparable nos últimos anos, independentemente de que celebre o ano Xacobeo, así que este ano ti podes aumentar esta cifra

Se queres, antes de poñer os pés no Camiño, podes botarlle unha ollada ao programa ‘¡Buen Camino!’ de Televisión Española. Nel cóntanche a historia de diferentes peregrinos e as tradicións e reviravoltas do Camiño de Santiago.

Bo Camiño!

Imaxe de José Luis Ojeda Flota

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Felipe di:

    He probado alguna de estas apps y no son lo mejor para hacer el camino, por ejemplo, la de Eroski necesita una conexión permanente a internet y la de 360 consume mucha batería, justo las cosas que escasean en el camino. Las apps que mejor me han funcionado son las que tienen la información actualizada de los albergues, sobre todo teléfonos (Pilgrim, Ultreia! para el camino francés…), y que no requieren que estés todo el rato pendiente del móvil, mejor disfrutar del camino y no de la pantalla.

  2. Avatar Victor di:

    Recientemente ha aparecido CaminoTool, la app que además de información, le da al peregrino una selección de los mejores establecimientos y un 10% de lo que pague en ellos.