menú
restriccion_de_chamadas

App de R: restrinxir chamadas no teléfono fixo

17/04/2018
Blog R

Seguimos contándoche todo o que se pode facer dende a app e web de R. Hoxe tócalle a quenda á restrición de chamadas no teléfono fixo.

A restrición pódese aplicar a unha soa liña de teléfono fixo co obxectivo de controlar o gasto e impedir as chamadas a números de alto custo.

Se queres activar as restrición de chamadas dende a app de servizos de R (dispoñible para Android e para iOS) ou dende a web, a continuación contámosche como facelo.

Como activar a restricións de chamadas na liña fixa?

Ao acceder á app de R tes que ir a “teléfono” e a continuación seguir estes pasos:

widget

  1. Vai a “teléfono” > “configurar teléfono”:
    widget
  2. Preme en “restricións de chamadas”:
    widget
  3. Selecciona a túa liña fixa:widget
  4. Por último, indica a restrición que desexes:

widget

Tipos de restricións na liña fixa

Tes once tipos de restricións, e podes seleccionar a que máis che interese, ou a que pode ser unha tentación para incrementar o custo da túa factura .

A restrición a números internacionais e a números de tarificación adicional (803, 806, 807 e 905) é gratuíta e pódese facer conxuntamente ou só unha delas. O restos das restricións teñen un custo de alta de 7,23€ e unha cota mensual de 0,73€, excepto a restrición a calquera número, que ten unha cota mensual de 3,63€. Sempre co IVE incluído.

Custo das chamadas

Como sabes, dende os combos de R tes incluídas as chamadas a calquera número nacional, cun prefixo provincial diante (ata un máximo de 120 minutos por chamada). Outro tipo de chamadas, como os números 902, ao estranxeiro ou de tarificación adicional, páganse a maiores.

Para que fagas as túas contas e saibas o que custan as chamadas, aquí podes consultar as distintas tarificacións dependendo do tipo de chamadas:

Agora xa coñeces unha nova funcionalidade da app de R.

A continuación recordámosche máis cousas que se poden facer dende ela:

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Tito di:

    Parabéns polo novo servizo.

    Segundo parece as restricións refírense ás chamadas saíntes. Eu persoalmente non teño problema de chamadas saíntes coa miña liña, pero hai outra xente que si o precisa.

    No que estaremos todos de acordo é que precisamos un servizo de restrición de chamadas entrantes, para evitar chamadas indesexables, comerciais, intempestivas, etc. Sería un servizo moi esperado.

    Saúdos,

    • Ola, Tito.

      Si, como ben comentas é algo que demandan moitos clientes. Agora ben, por lei, en R non podemos restrinxir ningún tipo de chamada de xeito masivo. Pero cada cliente si que pode restrinxir de quen non desexa recibir chamadas. O problema é que ese filtro se establece a nivel do aparello, do terminal telefónico.

      De feito, isto nos smartphones é moi sinxelo. Como son un pequeno ordenador, ti podes marcar un número como non desexado, metelo nunha lista negra (as novas versións de Android ou iOS xa teñen esta funcionalidade por defecto e no resto de casos podes baixar unha app). Ese número chama igualmente á túa liña, pero o teu móbil o que fai é non soar directamente, porque ti xa lle dixeches que non che interesa.

      No caso dos smartphones, como digo, é máis sinxelo por toda a tecnoloxía que teñen detrás. Un teléfono fixo é moito máis básico. Hai teléfonos que si que teñen esa opción e incluso algún fixo xa ten sistema operativo Android e che permite o mesmo que un móbil. Pero, como digo, é unha limitación do aparello telefónico. Nós só podemos establecer restricións xerais, non particulares 🙁

      Un saúdo!

  2. Avatar Fidelina di:

    Interesantes las Apps de R , pero para los escasos conocimientos de las nuevas tecnologías resulta complicado configurarlas