menú
Android 8.0 Oreo

Android 8.0 Oreo, novo sistema operativo de Google

23/08/2017
Blog R

Os nosos móbiles comeron kit kat, piruletas, nubes e turróns. Agora devorarán galletas Oreo. Android 8.0 Oreo é o novo sistema operativo que Google acaba de presentar e que pronto chegará aos dispositivos móbiles. Vexamos as novidades que trae o novo sistema operativo da fábrica de Willy Wonka .

Cada ano, Google actualiza o seu sistema operativo Android para ofrecerche novidades e mellorar posibles fallos de programa. Dende o ano 2009, todas as versións levan nomes de doces ou de sobremesas e seguiron unha orde alfabética: Cupcake, Donut e Eclair (2009), Froyo e Gingerbread (2010), Honeycomb (2011), Ice Cream Sandwich (2011), Jelly Bean (2012), KitKat (2013), Lollipop (2014), Marshmallow (2015), Nougat (2016) e Oreo (2017).


Google define ao novo Android 8.0 Oreo como máis intelixente, máis rápido, máis potente e máis doce que nunca. Calorías arriba ou abaixo, estas son algunhas das novidades:

Picture-in-Picture

A imaxe dentro da imaxe permite ver dúas aplicacións á vez. Este modo permite que as aplicacións reproduzan un vídeo nunha xanela fixa mentres leva a cabo outra actividade no fondo. Moi útil por exemplo se estás a ver un vídeo de YouTube e queres facer anotacións noutra app.

Notificacións

Oreo simplifica o teu acceso ás notificacións en menos pasos. Poderás ver as notificacións das aplicacións que máis che gustan grazas aos novos puntos de aviso. Así verás rapidamente as novidades nas apps para que poidas tomar acción de forma máis fácil.

Android 8.0 Oreo Picture-in-Picture

Autofill

Accede ás túas aplicacións favoritas a unha velocidade supersónica, xa que a nova ferramenta Autocompletar lembra os teus usuarios e contrasinais. Sempre, iso si, co teu permiso.

Apps instantáneas Android

Android Instant Apps déixache executar aplicacións de Android de maneira instantánea sen necesidade de instalalas. Grazas a estas apps instantáneas poderás experimentar aplicacións con aspecto atractivo e animacións sen que teñas que instalalas.

Emoji

Android Oreo inclúe máis de 60 emoji novos para que teñas máis opcións á hora de expresarte cos teus amigos. Se non sabías como podías vivir ata a data sen os emoticonos de zombis, vampiros, dinosauros ou latas de atún, agora a túa existencia será completa.

Android 8.0 Oreo Emoji

Seguridade

O novo sistema operativo incorpora Google Play Protect para manter a salvo os teus datos do software maligno. Android Oreo escanea máis de 50 millóns de aplicacións ao día, incluso os que non instalaron aínda.

Batería

O rendemento da túa batería será maior, xa que se minimiza a actividade das aplicacións que usas menos e así a batería durarache máis.

Moi pronto poderemos gozar destas vantaxes. Estaremos atentos ás noticias de Google para mantervos informados.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Jesús Pena di:

    Temos que estar mais atentos os fabricantes de teléfonos pois alguna marca (p.ex. BP) pasan de actualizar o sistema operativo de teléfonos ¿antigos?, sin ir mais lexos, teño un E5HD e quedóuse no lolipop e nin se molesta en amañar os problemas (no foro oficial de BQ teñen moreas deles) que teñen. A min persoalmente decepcionaronme moito e iso que tiña postas moitas expectativas neles pero visto o interés que teñen xa tomei a determinación de non voltar a comprar ningún terminal da marca. Cando por exemplo, alguna marca “china” saca actualizacións cada dous por tres para solucionar pequenos problemas. Deberían tomar exemplo.