menú
Tiendas R accesorios para móviles

Leva os accesorios do teu móbilR nas nosas tendas R

03/09/2019
Blog R

Ola. Como sabes, nas nosas tendas R ofrecémosche unha chea de móbiles para que escollas entre as últimas novidades e os mellores choios, pero igual non sabías que agora podes levar tamén os accesorios.

Cando compramos un móbil, querémolo con todo, que para iso é novo . Necesitas unha boa funda protectora, e se é somerxible mellor para estar conectado tamén na piscina, un cristal para que non rompa a pantalla, pero tamén un pau selfie para presumir de vacacións, un cargador para o coche ou unha batería externa que aguante o teu ritmo. E se o podes levar do tirón, mellor. Por iso incorporamos a venda de accesorios para o teu móbil nas nosas tendas R, para que saias con todo o que necesitas.

Fundas protectoras

Temos carcasas de todos os tipos e cores, máis duras ou flexibles de silicona, algunhas resisten caídas de ata 2 metros. Podes atopar fundas folio que serven tamén de tarxeteiro para o teu Samsung Galaxy S10 e S10+.

E para que non se che rompa a pantalla, tes unha ampla variedade de protectores de cristal tépedo con ou sen marco.

Auriculares e smartwatch

Nas nosas tendas R atoparás auriculares sen fíos AirPods con estoxo de carga, cos que podes ata falar con Siri.

Se es deportista, ademais de auriculares, tes pulseiras de actividade e saúde, con pulsómetro, podómetro ou monitor de soño, e brazalete para levar o móbil ou as chaves.

E para os pequenos, smartwatch con GPS, pantalla táctil de cor, sincronización co móbil e botón SOS. Así estarán sempre seguros.

Outros accesorios

Complementa o teu móbilR con cargador para o coche, todo tipo de cables USB, adaptadores micro USB, lector de tarxeta microSD e tarxetas de memoria de 32GB.

E para as túas viaxes, imprescindible un pau selfie e unha batería externa para que poidas cargar o móbil sen problema aínda que non esteas na casa.

Dispoñibilidade

Atopa todo isto e moito máis nestas tendas R:

  • A Coruña – Centro Comercial Marineda
  • A Coruña – Centro Comercial Cuatro Caminos
  • A Coruña – Compostela 8
  • Santiago – República del Salvador 3
  • Santiago – Centro Comercial As Cancelas
  • Ferrol – Cantón de Molíns 3
  • Vigo – Centro Comercial Gran Vía
  • Vigo – Ecuador 66
  • Pontevedra – Fray Juan Navarrete 2
  • Vilagarcía de Arousa – Alcalde Rey Daviña 36
  • Lugo – Raíña 18
  • Ourense – Lamas Carvajal 28

Gústanos darche a mellor atención, así que achégate á túa tenda R máis próxima e estaremos encantados de axudarte.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.