menú

5G móbil en R: como activalo e que vantaxes ten

15/07/2022
Blog R

É unha realidade: as redes móbiles 5G están implantándose, e en moitas cidades xa é posible conectarse a elas. Pasou moito tempo dende que os fabricantes de teléfonos móbiles comezaron a lanzar os seus primeiros teléfonos 5G en 2019. Pero ese ano a presenza destas redes aínda era anecdótica. Hoxe xa existe unha ampla gama de terminais que poden facer uso desta tecnoloxía, cuxas redes cobren numerosas cidades. Imos explicarche que vantaxes teñen as redes móbiles 5G e como activala desde o teu terminal.

Se xa usas as redes 5G entendes que a súa alta velocidade de transmisión e a súa baixa latencia xa se perciben nas aplicacións de streaming 4K e en aplicacións de realidade aumentada; pero estes cambios son só o comezo. Notarás unha transformación profunda cando a 5G chegue a todos os dispositivos.

 

simcard

 

Que é 5G e en que se diferencia do 4G?

A 5G é a quinta xeración de conectividade móbil. Xa hai tempo que xurdiu a conexión 4G, que en países como España deu os seus primeiros pasos alá polo ano 2013. Con todo, parece que o que vivimos entón non é nada comparado coas posibilidades que ten esta nova xeración de conectividade sen fíos.

As principais diferenzas das novas redes 5G con respecto ao 4G son as seguintes:

Moita máis velocidade: a rede 5G alcanza velocidades de descarga entre 100 e 1.000 veces máis rápidas que o 4G. Que significa isto? Pois, por exemplo, que podemos descargar unha película en 10 segundos.

Máis usuarios/as conectados/as: co 5G poden conectarse ata 100 veces máis usuarios/as e dispositivos que con redes 4G sen que estas se saturen.

Aumenta o alcance: prevese que haxa 1 millón de nodos por quilómetro cadrado, chegando así a máis usuarios/as.

Menor consumo: a conexión 5G supón unha redución de ata un 90% no uso de enerxía para a rede.

Baixa latencia: coa 5G a latencia faise 50 veces menor que en 4G, polo que a información se transmite practicamente en tempo real, o atraso será insignificante.

 

5G

 

Cales son as vantaxes da rede móbil 5G

Para que o entendas mellor, imos explicalo con datos. A velocidade media do 4G da que gozamos hoxe en día oscila entre os 12 e os 30 Mbps. Na práctica, esa velocidade de transferencia permite escoitar cancións en streaming sen interrupcións ou navegar por Internet sen case esperas. Pois ben, a velocidade da 5G pode ofrecer conexións cunha velocidade teórica de ata 20 Gbps, é dicir, entre 100 e 1.000 veces máis rápida. Deste xeito, por exemplo, é posible descargar un filme en HD en 10 segundos, como che diciamos.

Noutras palabras, a tecnoloxía 5G supón unha redución dos atrasos de comunicación, un aumento da taxa de transferencia de información, unha mellora da cobertura e a posibilidade de que millóns de dispositivos se conecten ao mesmo tempo. Precisamente ese é un dos puntos clave que indican que a conexión 5G irá moito máis aló dos smartphones.

 

ajustes red móvil

 

Como activar a rede 5G

Para que os teus dispositivos utilicen redes 5G (ou simplemente para saber se xa a están a usar) só tes que seguir os seguintes pasos no teu móbil:

Selecciona “Axustes” e despois “Redes e Internet” ou “Conexións” (varía segundo o móbil que teñas):

 

ajustes red móvil

 

Despois vaite a “Redes móbiles”. Nalgúns dispositivos pídeche, nun paso anterior, seleccionar a SIM 1 ou a SIM 2.

 

ajustes red móvil

 

Unha vez dentro de “Redes móbiles”, só che queda seleccionar que queres que se conecte automaticamente ás redes “5G/4G/3G/2G”.

 

ajustes red móvil

 

Deste modo, sempre collerá a rede con maior velocidade. E se na túa zona hai cobertura 5G, conectarase automaticamente.

 

ajustes red móvil

 

Se ves que a rede WiFi 5G non aparece, tes que entrar no router e comprobar que esta banda de frecuencias está realmente activada, para poder conectarte sen problemas.

No caso de que non teñas un terminal con 5G, invitámoste a visitar a nosa tenda de smartphones e ver os móbiles que temos con 5G.

Xa che contamos as vantaxes das redes móbiles 5G e como conectarte. Cando estea totalmente implementada, os cambios serán grandes. Xa a probaches? Xa a utilizas? Non dubides en contarnos que che parece.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

3 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Android di:

    Pues no sé las pruebas que habréis hecho pero el 5G, de la red móvil, porque se os ha colado un apartado del wifi…, Es inexistente, salvo que “fuerces” el cambio para conectarte a la red de Orange, pero poco dura la “alegría” porque aun sin desplazarte la línea vuelve a conectarse a la antena de Yoigo, y se acabó el 5G.

    Con vuestras sim, obviamente la preferencia es ir a una antena de Yoigo, aunque tengas seleccionada la red manualmente, así que antes de hablar de las maravillas del 5G haced las cosas bien.

    Y por si respondéis a este comentario para decir que llame a soporte, esto es algo muy fácil de comprobar instalando open signal que te dice a qué antena estás conectado, y aunque selecciones la red manualmente, y sin moverte del sitio, ves que tras unos minutos el movil ha cambiado a una antena de Yoigo y ya estás en 4G.

    • blog R di:

      Hola.

      Antes de nada, te pido disculpas por las molestias que hayamos podido causarte.

      Lamentándolo mucho, a través de este medio no me es posible revisar lo que me comentas.

      Como indicas, es necesario que contactes con mis compañeros de soporte técnico en el 1449, opción 2 para que puedan gestionarte una incidencia.

      Un saludo.

  2. Android di:

    Molestia ninguna, el servicio funciona, lo que va es la red 5G por lo que he comentado antes. Con Yoigo no he encontrado ningún punto donde haya 5G, aunque si miras la web te dice que sí hay, pero no, salvo que selecciones red de Orange, pero como la configuración que teneis en la sim identifica las redes de Yoigo, Orange y Movistar como MobilR da igual que selecciones manualmente porque por defecto siempre va a conectarse a una antena de Yoigo, salvo que en esa zona Yoigo no tenga cobertura. Con lo cual el 5G lo disfrutas unos minutos, no es una avería, en soporte no van a solucionar nada porque el problema es de diseño no de servicio, pero gracias por responder