
5 trucos de WhatsApp para o ‘cotilleo’
Estás a lle sacar todo o partido a WhatsApp? Atopa a resposta agora mesmo. Colle o teu móbilR e empeza a poñer en práctica estes 5 trucos para usar o WhatsApp como un auténtico pro. Estes van de ‘cotilleo’:
- Ver e escribir unha mensaxe sen deixar pegada: evita que vexan se liches unha mensaxe ou estás a escribir nese momento. Activa o modo avión antes de facelo e non deixarás rastro.
Lembra que tamén podes desactivar o dobre “check” azul: vai aos “axustes”, selecciona “conta” e deseguido, “privacidade”. E aí desmarca a opción “confirmacións de lectura”.
-
Saber quen leu a mensaxe nun grupo: selecciona a mensaxe que escribiches, pulsa nos tres puntos da parte superior e selecciona “info”: verás quen o leu xa e a que hora o fixo.
-
Responder por privado a unha mensaxe grupal: estás nun grupo e queres contestarlle á parte a unha soa persoa. Selecciona a mensaxe e pulsa “responder en privado” no menú de tres puntos superior.
- Ocultar a túa foto de perfil e estado a uns poucos: configura o teu WhatsApp a proba de ‘cotillas’. Elixe quen queres que vexa a túa foto para evitar que o xefe saiba onde estiveches de vacacións. Vai aos “axustes” de WhatsApp, selecciona “conta” e “privacidade”. Decontado, pulsa en “foto do perfil” e elixe quen ve a túa cara: todos, os meus contactos ou ninguén.
O mesmo para elixir quen pode ver as túas actualizacións de estado. En “axustes” selecciona “conta” e “privacidade”. Despois, pulsa en “estado” e marca: os meus contactos, os meus contactos, excepto… ou só compartir con…
- Escoitar mensaxes de audio sen que ninguén máis os oia: se recibiches un audio, pero estás na cola do súper e non queres que o resto o escoite. Fácil, só tes que achegar o teléfono á orella para escoitar en privado o audio, esteas onde esteas.
Coñecías estes trucos de WhatsApp? Cóntanos cales usas ti.
9 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Algunos trucos ya los conocía, pero los que no conocía me parecieron muy interesantes. Gracias.
Me gustaría saber si sabeis como se puede recuperar una comunicación de chat del whatsapp de hace bastante tiempo, o hasta que fecha se puede recuperar una comunicación de texto de dicho chat, de la nube de salvaguarda del whatsapp.
Hola, Peregrina.
Al ser una aplicación no disponemos de información acerca de la configuración o seguridad.
Puedes contactar con atención al cliente de la plataforma y seguro que te pueden ayudar.
Disculpa las molestias.
Un saludo.
Ninguno
Estas consejos son muy interesantes.
Me alegro que te gusten, José Luis.
Un saludo.
Pues no conocía los cinco trucos. No me gusta nada cuando mis contactos usan el primer truco, porque si no se si leyeron el mensaje y tal vez me interese saberlo por algún motivo concreto. Gracias por la información.
No conocía ningun truco, me parecen muy interesantes. Gracias
Algunos, si. Otros no conocia, y me gusta la idea. Proporcionar algo de privacidad en internet, siempre es bueno
Algunos si lo sabia pero muchos no solo sabía el del estado nada más