menú
webinar-office365

Webinar sobre Office 365 para clientes

13/11/2018
Blog R

Temos un novo webinar R para empresas! Nesta ocasión imos destapar todos os secretos e chaves do Office 365. Para que aprendas a espremer ao máximo esta ferramenta.

O xoves 15 de novembro, de 16:00 a 17:00 horas aprenderás da man de José Manuel García, responsable de produto en R, todo o que necesitas saber do Office 365. Apúntate neste enlace.

Estar ao día

Sabemos que as ferramentas de xestión tecnolóxicas evolucionan a velocidade de vertixe. Moitas veces non é doado manterse ao día coas novidades de cada actualización.

Por iso creamos os webinar R, totalmente gratuítos, porque queremos estar contigo a cada paso e axudarte no que estea da nosa man. Así poderás sacarlle o maior partido a esta ferramenta e aumentar a túa produtividade.

Impartidos por expertos

Gústanos atopar a persoa que máis sabe para cada webinar. Para esta edición, “Office 365 vantaxes para o teu negocio”, escollemos a José Manuel García, que é o responsable de produto na casa. E o que máis sabe de nós sobre o tema, polo que estás en boas mans!

Apúntate

Interesado? Pois só queda que te apuntes neste enlace, e xa che explicamos todo o que precisas saber para acceder ao webinar o día que se celebra.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.