menú
gonzalo duran vilanova

A última tecnoloxía en Concellos: Vilanova de Arousa

13/09/2018
Blog R

Vilanova de Arousa atópase na provincia de Pontevedra e pertence á comarca od Salnés. O seu alcalde é Gonzalo Durán, que tamén é o presidente da mancomunidade do Salnés. Neste Concello gústalles moito innovar. Por iso, ademais de cos servizos de fixo, móbil e internet, contan con algún dos nosos servizos máis novidosos.

Collemos as cámaras e fomos ata aló para falar co alcalde e que nos contase que tal están indo as cousas ao longo destes tres anos que levamos traballando ao carón.

A intranet

Todos os edificios da administración están conectados a través dunha intranet que lles permite traballar de forma conxunta.

Casas da cultura, parroquias, museos e delegacións están interconectados permitindo unha maior axilidade no día a día. Segundo o alcalde “parece que estamos todos no mesmo edificio”.

 


E non só a nivel interno, en palabras de Durán, “mellorou todo a nivel administración. Precisabamos estar conectados coa Xunta cun ancho de banda decente, antes non o tiñamos, agora pódese traballar”.

Wifi para todas as parroquias

Entre os nosos servizos favoritos está o wifi gratuíto para todos os vilanoveses, algo así coma un wificlientesR.

Dende R traballamos co concello o ancho de banda para botar a andar esta iniciativa, que parte do programa WiFi4EU da Unión Europea que promove que os espazos públicos teñan wifi gratis para todos.

 


Cada día 3.000 usuarios desfrutan de conexión de balde nas rúas de Vilanova de Arousa, atópense na parroquia que se atopen.

Servizo multicámara: eventos en directo

Este produto permite a retransmisión dos contidos audiovisuais dun evento, sexa en directo ou en diferido. E no caso de Vilanova a instalación será no Pavillón de Deportes da vila, que é un recinto multiusos.

 


“A idea é colgalo en directo e diferido, para que poidan acceder aos campionatos dos nenos, e outros eventos”, comenta o alcalde vilanovés. E destaca que o que máis lle gusta é que sexa “un servizo a tempo real para a xente de Vilanova”.

O servizo multicámara fai a tarefa moi sinxela pois o seu sistema de almacenamento en nube permite a gravación e retransmisión automática, como servizo integral que é.

E por riba, trámites electrónicos

Malia tratarse dun proxecto aínda en desenvolvemento, a xente de Vilanova de Arousa xa pode facer algúns trámites na web do seu Concello. “Non está completa, pero estamos actualizando a páxina e xa se pode comezar a ver o perfil do contratante e outros trámites”, comenta o rexedor do concello orgulloso.

Agardamos seguir traballando man a man con eles para que os habitantes da vila poidan desfrutar de moita máis tecnoloxía que lles facilite a rutina no seu día a día…

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required