menú
ventajas_para_tu_negocio

Vantaxes para o teu negocio por ser cliente de R

13/06/2019
Blog R

As vantaxes para o teu negocio por ser cliente de R son moitas.Pero hoxe ímosche falar de tres que debes comezar a gozar xa.

Trátanse de tres servizos para o teu negocio ou empresa que farán máis fácil o teu traballo e axudaranche a optimizar o teu tempo e a aforrar uns cartiños. Como xa sabes, en R sempre pensamos en como podemos mellorar un pouco máis a túa vida, e neste caso, o teu traballo.

Office 365

Un dos nosos obxectivos é ofrecer servizos de primeiro nivel, por iso poñemos á túa disposición a opción de contratar Office 365 por 9,9€/mes + IVE que inclúe:

  • Word, Excel, Access, Power Point, OneNote e Outlook instalables en ata 5 dispositivos de cada tipo e accesibles vía web.
  • Exchange online: caixa de correos profesional de correo electrónico de 50 GB con interface web.
  • OneDrive: 1 TB de capacidade.
  • Teams, Sharepoint e Yammer.
  • Posta en marcha e soporte para a migración do correo ata 3 caixas de correos.
  • Soporte técnico de R no 1446 (24 horas os 7 días da semana).

Ademais, este servizo é facturable mes a mes, é dicir, non tes permanencia e se un mes non o necesitas podes dalo de baixa.

wifi pro

Sabemos que o máis importante para ti son os teus clientes, e para que os teñas máis que contentos ofrecémosche wifi pro. Con este servizo todos os teus clientes, empregados e provedores poderán gozar dunha conexión wifi de calidade.

Se no teu negocio gozas de 200 megas podes contratar o servizo de wifi pro por 9,90€/mes que inclúe:

  • Máxima cobertura no teu local.
  • Número elevado de usuarios conectados.
  • Rede exclusiva para os teus clientes: xestiona o contrasinal, os clientes conectados…
  • Rede exclusiva para ti: para que poidas traballar cunha conexión propia.
  • Personalización da túa rede wifi: de forma sinxela desde a web de clientes.
  • Instalación gratuíta.

Equipamento

En R tamén sabemos que necesitas ter os equipos máis modernos e eficientes para levar a cabo o teu traballo. Por este motivo financiámosche algúns dos mellores equipos informáticos do mercado durante 24 meses:

Que che parecen estas vantaxes? Cóntanos cal foi a túa experiencia unha vez que as comeces a desfrutar.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.