menú
Startups de R Qubiotech

Startups R: Qubiotech Health Intelligence, software ao servizo da medicina

05/10/2018
Blog R

Seguimos coñecendo as historias que se atopan detrás do programa de startups de R. O noso obxectivo é fomentar o crecemento de empresas tecnolóxicas galegas de recente creación. E hoxe coámonos en Qubiotech Health Intelligence para que nos conten o seu traballo no desenvolvemento de software de análise e procesado de imaxe médica.

A misión de Qubiotech é desenvolver produtos innovadores que convertan a investigación avanzada en imaxe médica en ferramentas útiles que faciliten a práctica clínica diaria.

Para contextualizar, a neuroimaxe é a técnica máis empregada para o diagnóstico de enfermidades neurolóxicas como o párkinson, diferentes demencias como o alzhéimer, ou a epilepsia. Esta compañía coruñesa de biotecnoloxía pretende mellorar o futuro de todos. E o seu CEO, Daniel Fernández Mosquera, cóntanos como.

– Como xurdiu a idea de afondar na investigación da imaxe médica?
Qubiotech é unha startup radicada na Coruña, dedicada ao desenvolvemento e comercialización de novas ferramentas tecno-informáticas de post-procesado e análises de imaxe médica orientadas á práctica clínica, co obxectivo de mellorar o diagnóstico, tratamento e seguimento dos pacientes.

A compañía constitúese o 19 de decembro do 2014, a partir da transferencia dun algoritmo desenvolvido polo Grupo de investigación en Medicina Nuclear e Imaxe Molecular da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, asociado ao Servizo de Medicina Nuclear do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, e transferido á compañía.

– Que beneficios ten?
Neurocloud é unha plataforma online dedicada ao procesado de imaxe médica como axuda no diagnóstico de enfermidades neurolóxicas. É unha ferramenta de uso inmediato, diario e accesible, para incorporar a cuantificación de imaxes na rutina de diagnóstico. A análise das imaxes é totalmente automática, non necesita de aprendizaxe nin de recursos adicionais para obter o resultado e posúe a marcado CE que habilita o seu uso como produto sanitario.

– Fálanos sobre como funciona a plataforma online Neurocloud
Neurocloud procesa na nube as imaxes adquiridas con calquera escáner PET, SPECT, RM e TAC de maneira totalmente segura xa que as imaxes se anonimizan durante o proceso de subida á plataforma. En poucos minutos ofrece ao médico os resultados da análise cuantitativa e a localización das zonas anormais do cerebro do paciente grazas á comparación con bases de datos de individuos sans.

Startups R Qubiotech image

– Que acollida ten entre o persoal médico e investigadores?
Levamos un ano presentando Neurocloud- PET nos servizos de Medicina Nuclear de hospitais españois e portugueses e a acollida é moi positiva. En xeral, os médicos visitados destacan a sinxeleza do seu uso e a utilidade clínica que ten o dispoñer de ferramentas que lles axuden a localizar as zonas de funcionamento anormal do cerebro.

“Os médicos visitados destacan a sinxeleza do seu uso e a utilidade clínica que ten o dispoñer de ferramentas que lles axuden a localizar as zonas de funcionamento anormal do cerebro.”

– Cales son os vosos próximos retos?
Actualmente abrimos unha rolda de financiamento para comercializar Neurocloud en Europa e EE. UU. Ademais, temos varias liñas de I+D en marcha con prototipos funcionais que incorporan tecnoloxías de deep learning, o que nos permitirá ofrecer servizos de maior valor clínico, como son os sistemas de soporte á decisión.

– Que foi o máis difícil neste camiño?
Todo é difícil cando se trata de introducir un produto innovador nunha contorna tan regulada e lenta en canto aos cambios como é o dos hospitais. Con todo, destacaría a dificultade de conseguir un equipo como o que temos e implantar e manter procedementos de calidade e desenvolvemento tan esixentes como os que se requiren para o desenvolvemento de produtos sanitarios.

– Cal foi o motivo para entrar a formar parte do programa startups R?
A posibilidade de estar na órbita dunha empresa tan sinalada como R é sempre un aliciente para participar en programas deste tipo, ademais o ter servizos de telecomunicacións de maneira gratuíta sempre axuda ás startups, que sempre buscamos a maneira de reducir custos.

– Que vos achegou o programa ata agora?
Os servizos de telecomunicacións que necesitamos para unha empresa cun alto grao de I+D como a nosa.

Dende aquí desexámoslles moita sorte porque o seu traballo é de grande axuda para todos

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.