menú
Lightbee

startups R: Lightbee, solucións intelixentes coa tecnoloxía led

10/04/2019
Blog R

Lightbee é unha empresa tecnolóxica baseada en Comunicacións por Luz Visible (VLC). O seu obxectivo principal é crear solucións intelixentes baseadas en dispositivos de tecnoloxía led, presentes en tantos lugares na actualidade.

Esta compañía forma parte do programa de startups de R, iniciativa composta por varias empresas galegas tecnolóxicas de recente creación e ten como obxectivo fomentar o seu crecemento. Glorian Einsman e Pedro González, dous dos membros do equipo de Lightbee, cóntannos máis sobre a súa empresa.

– Cando e como xurdiu a idea de crear Lightbee? Que necesidades detectastes no mercado que vos levaron a crear Lightbee?

A idea de crear Lightbee xorde a partir de varios proxectos de desenvolvemento e innovación no campo da domótica e a IoT, onde descubrimos que a tecnoloxía VLC ofrece unha solución robusta e de maior seguridade que as existentes, que podiamos utilizar o hardware existente (todo tipo de led) sen custo adicional, engadíndolle funcionalidades que poderían chegar a diferentes sectores do mercado.
Dentro desas necesidades, por unha banda, como era obvio, necesitabamos modificar a fonte de alimentación dos led para permitir que ademais de iluminar puidesen enviar información. Con este deseño conseguiamos ademais mellorar a vida do led e a súa eficiencia enerxética, ademais de ser un deseño estándar independente da potencia do led. Outras das carencias que existían era que nos dispositivos móbiles non existía unha solución universal para comunicar de forma local (existen solucións co uso de bluetooth, NFC, wifi) preparadas para ese labor, desde o punto de vista do deseño son unha adaptación en moitos casos que necesitan dous pasos enlace e transmisión. Ademais de que mesmo en moitos fabricantes de móbiles non é unha solución válida, polo que non a adoptan ou utilizan sistemas propietarios como ocorre co NFC.

Dentro do sector do automóbil xa intuïamos no ano 2013 que os vehículos conectados sería unha aposta de mercado e os sistemas sen fíos mediante radio frecuencia só non podería levar a cabo con éxito a implantación no mercado, necesitan dunha axuda doutras tecnoloxías como a tecnoloxía VLC complementaria ao uso dos existentes actualmente.

– Podedes explicarnos en que consiste o sistema de Comunicacións por Luz Visible? E cales son os obxectivos que alcanza o cliente ao empregar este sistema nas súas instalacións?

As Comunicacións por Luz Visible teñen como obxectivo transmitir datos utilizando os leds existentes. Estes, actualmente, están presente na maioría dos sectores, pantallas de móbiles, televisores ou tabletas, nas luces do fogar ou no alumeado público e mesmo nos novos faros dos vehículos, de aí o seu potencial de utilización de forma masiva nos próximos anos. As aplicacións, para os clientes é inmensa, tanto como a distribución destes dispositivos, existen led para indicar estados como poden ser os utilizados para standby a potentes focos led de varios centos de vatios capaz de iluminar un estadio. Todos eles poden transmitir datos, exemplos notables como é o acceso a unhas instalacións ou acceso ao vehículo evitando os problemas de seguridade de Man In de Middle ou Rolljam. Sistemas de autenticación mediante MFA mediante unha canle nova que ofrecen os leds.
En sectores onde actualmente non as solucións non son moi eficientes como pode ser en comunicacións submarinas ou aeroespaciais. Todos eles cun denominador común con redución de custos xa que a maioría do hardware existe (os led) polo que non é necesario investimentos en novas instalacións, e cun plus de seguridade debido ás condicións físicas da luz, e por exemplo a súa inmunidade ante inhibidores de radio frecuencia.

“As Comunicacións por Luz Visible teñen como obxectivo transmitir datos utilizando os leds existentes”

– Quen formades parte do equipo de Lightbee e cales son as vosas funcións?

O equipo de Lightbee está formado por un conxunto de enxeñeiros multidisciplinares nos que están desde expertos na tecnoloxía con publicacións internacionais tan importantes como ser a primeira sobre unha transmisión dunha trama de bits en 2 Mbits, expertos en estratexia, desenvolvemento de produto e mercados dixitais, así como, desenvolvedores de hardware e software e non menos importante por nomealo en último lugar o desenvolvemento de negocio e de vendas das solucións en VLC.

– Cal foi a acollida por parte dos vosos clientes? Podedes destacar algún deles?

A impresión en xeral que temos é que a tecnoloxía VLC é unha tecnoloxía que chegou para axudar en moitos aspectos aos clientes no uso de comunicacións PAN, cando contactan coa tecnoloxía por primeira vez a súa primeira impresión é de confianza plena, a diferenza das comunicacións sen fíos por radiofrecuencia onde “confían” en que teñen por exemplo realizado o pago na tecnoloxía VLC “veno” e que mellor confianza para o usuario.
No sector de automoción entendemos que os tempos de adopción son máis longos, pero estamos convencidos de que tarde ou cedo se incorporarán no mercado, xa estamos a colaborar nun Consorcio Europeo para a industria IoT para o desenvolvemento dun estándar nesta tecnoloxía.

Con todo, destacamos a acollida que por exemplo está a obter a xeración de solucións para acceso e identificación, temos unha gran acollida por parte dos clientes no sector turístico, tanto para aloxamentos turístico como por rent a car, xa que é unha solución universal que reduce os custos asociados ao check in, ao non necesitar a chave xa que é o propio móbil quen dunha maneira fácil se converte nesa chave.

“Destacamos a acollida que está a obter a xeración de solucións para acceso e identificación en aloxamentos turísticos ou en rent a car…”

– Que foi o máis difícil desde que creastes Lightbee?

O máis complicado como calquera startup son os recursos financeiros, ademais únese a isto que nós desenvolvemos solucións que inclúe todos os niveis de desenvolvemento, o hardware, firmware e software da plataforma con todas as necesidades asociadas como é APP, API ou SDK. Isto é foi un esforzo en tempo e recursos que con todo están a ter un notable recoñecemento a nivel global sendo mesmo pioneiros nalgunhas solucións a nivel mundial.

– Que retos tedes a longo prazo?

A misión de Lightbee é continuar sendo un referente en tecnoloxía VLC achegando o noso extenso coñecemento e experiencia para implantar solucións da tecnoloxía. Cun marcado posicionamento internacional, que opte a grandes acordos B2B en diferentes sectores para contribuír á rápida extensión da tecnoloxía a nivel mundial e, con iso, contribuír a unha mellora en xeral da sociedade futura.

“A nosa misión é ser un referente en tecnoloxía VLC, achegando o noso coñecemento e experiencia para implantar solucións da tecnoloxía.”

– Cal foi o motivo para entrar a formar parte do programa startups de R?

Como indicamos, somos unha empresa que conecta a través das Comunicacións por Luz Visible e que ten unha clara vocación de colaborar con outras entidades ou empresas, polo que cremos que esta plataforma é moi adecuada para novos partnership e outras modalidades de colaboración xerando valor ao desenvolvemento conxunto para todos.

– Que vos achegou o programa ata agora?

A achega de recursos de hardware na nube coa confianza dun operador como é R poderanos beneficiar sobre todo nos custos de implantación dos servizos de plataforma de servizo e xestión da API, polo que é unha axuda á redución dos custos de produción sobre todo nos estados iniciais, onde non temos un volume de negocio que rendibilidade os custos fixos.

Por outra banda, a visión da plataforma startups de R é un escaparate de posicionamento e de solvencia, xa que só aparecen empresas seleccionadas que cumpren uns requisitos mínimos de capacidade e solvencia técnica, que dá máis confianza ao posible contacto que teñamos.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.