menú

Salón MiEmpresa: un evento cheo de ideas para pemes e emprendedores

15/02/2017
Blog R

Queres montar unha empresa e non sabes por onde empezar? Crees que sería bo lanzar o teu negocio alén do charco pero non sabes como facelo?. Se a resposta a estas preguntas é si, este mes de febreiro, tes unha cita en Madrid.

Salón MiEmpresa

Cando: 21 e 22 de febreiro de 09:00 a 19:00

Onde: Barclaycard Center –  Madrid

Salón MiEmpresa ten o obxectivo de continuar ofrecendo a emprendedores e pemes novos modelos e ferramentas que contribúan ao seu crecemento e consolidación como empresa.

Cada ano máis de 15.000 persoas se reúnen para compartir inquedanzas e coñecemento.

Na súa VIII edición, contarán con máis de 300 relatores e máis de 10 salas preparadas para debullar de maneira simultánea cada fase da vida útil da túa empresa.

Na sala Crea onde explicarase o necesario para arrincar un proxecto desde cero. Se aínda non tes clara a túa idea de negocio, os relatores ofrecerán novos modelos, tendencias e oportunidades de negocio.

Mentres na sala Innova presentaranse tecnoloxías que conseguiron abrir novos mercados ou modernizar modelos de negocio xa existentes. Nesta sala atoparás todo o que poidas querer saber sobre: e-commerce, realidade virtual ou internet das cousas.

Ademais, este ano cobra protagonismo a Sala Mentoring que ofrecerá a todos os emprendedores que o necesiten asesoramento personalizado sobre financiamento, modelos de negocio, internacionalización ou calquera dúbida que poida xurdir.

Pero isto non é todo. Salón MiEmpresa tamén ofrecerá espazos nos que poderás mellorar a túa rede de contactos co obxectivo de atopar novas sinerxias e colaboracións.

Aquí tes toda a información que poidas necesitar sobre o evento.

Eventos como este serven para que emprendedores coma ti consigan resolver dúbidas en inquedanzas. Esperamos que poidas sacarlle partido a esta información, asistir e mesmo mellorar a túa rede de contactos.

Xa nos contarás que tal che foi se ao final decides ir.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Mikel di:

    Muy bien. En Madrid, por que nos queda a todos muy cerca no ?