menú

Caso de éxito: retransmisión por internet con Intelixencia Artificial

05/12/2018
Blog R

Torneo Dionisio Nespral é o principal acontecemento deportivo do Club de Tenis Xixón. É un torneo de exhibición no que participan figuras internacionais do tenis que se celebrou durante os 55 anos de vida do Club. O seu obxectivo é promocionar a tenistas locais e fomentar a práctica deste deporte.

A pesar de ser un torneo moi importante en Asturias, non é un dos grandes torneos do circuíto ATP e, por iso, non se emitiu en televisión nos últimos anos. Desprazar persoal, cámaras, realización, emisión… Hoxe en día non é rendible para as televisións tradicionais. E aí é onde empeza o reto para nós.

O noso cliente, o Club de Tenis Xixón, pediunos axuda para emitir este evento deportivo en directo, e de forma económica. E nós aceptamos e resolvemos o reto grazas a unha solución perfecta, creada polo noso colaborador tecnolóxico CINFO, para emitir ou gravar eventos deportivos sexa cal sexa o seu tamaño.

2 días de tenis en directo para todo o mundo

O obxectivo principal do Club de Tenis Xixón era incrementar a difusión do seu evento e ofrecer aos socios que non podían acudir a presencialo a posibilidade de desfrutalo en directo. A primeira respuesta estaba clara: emitiriamos o torneo a través de Internet.

A emisión debía ademais estar ao nivel del Club: coa mellor calidade de imaxe en alta definición e comentarios en directo. Á altura dos torneos profesionais.

 


 

Durante a definición do proxecto ademais, descubrimos xuntos que máis alá do Torneo, tamén sería de gran valor para o Club poder gravar en vídeo as clases que recibían os seus socios e con isto contribuír a mellorar a súa aprendizaxe.

Tecnoloxía e Intelixencia Artificial

Identificados os retos, puxémonos a traballar nunha solución de investimento mínimo en equipamento, que puidese ser operada polo menor número de persoas posible.

Para recoller as imaxes proxectamos un sistema composto por cinco cámaras que nos permitiron ofrecer unha perspectiva visual completa dos partidos, con todos os planos necesarios para garantir unha cobertura adaptada aos movementos que se dan nun partido de tenis.

A realización era o reto principal, e para iso creamos un sistema de tratamento de imaxes con Intelixencia Artificial aloxado na nube, que se encargaba de seleccionar de forma autónoma os planos máis interesantes para cada lance do partido. É dicir, a realización do evento foi automática e desatendida.

“Ao tratarse dun sistema de cámaras desatendido baseado en Intelixencia Artificial (sen operador nin realizador), tivemos que adestralo para que aprendese a facer unha boa retransmisión”.

O proceso de retransmisión era tamén totalmente transparente para as persoas. O noso sistema enviaba o vídeo automaticamente e en tempo real a Youtube. Para enviar o vídeo en alta calidade é necesaria unha conexión rápida e fiable. Empregamos unha conexión de fibra de alta capacidade. Ademais, para garantir unha emisión sen cortes dedicamos esta conexión en exclusiva ao evento, illándoa do resto da rede.

club de tenis xixón

Retransmisión por internet con realización desatendida

A nosa solución cumpriu con todas as expectativas do Club de Tenis Xixón. Segundo o seu xerente, Víctor Méndez:

“Esta solución foi todo un éxito porque permitiu cumprir o obxectivo que se trazou: que todas as persoas afeccionadas ao tenis e os socios do Club que quixesen ver o torneo puidesen facelo a través de internet cunha instalación sinxela e moi cómoda”.

Efectivamente, o despregamento de medios levouse a cabo con moito menos investimento que o que esixe unha televisión convencional, e o resultado foi espectacular.

“Só necesitamos dúas persoas para retransmitir os partidos, e fixérono cun teléfono móbil desde a bancada. A calidade de imaxe foi espectacular, e o audio, perfecto. Non esperabamos que se puidese ver o torneo coa calidade que o vimos, coma se se tratase dunha televisión convencional”.

Este innovador sistema desenvolto por CINFO non só serve para emitir partidos de tenis senón que é replicable para multitude de eventos deportivos, independentemente do tipo de deporte que se queira retransmitir, e para actos de carácter cultural ou de calquera outro tipo.

A retransmisión multicámara intelixente permítenos ofrecer a todos os nosos clientes un enorme abano de posibilidades de emisión en directo cunha calidade incrible e a un prezo moi reducido, gravacións que permiten o perfeccionamento técnico dos deportistas, dispoñibilidade de retransmisións para pais e amigos e mesmo obter retorno comercial grazas á inserción de publicidade. En resumo, novas opcións coas que podemos poñer as últimas tecnoloxías ao servizo de todos os nosos clientes.

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.