menú
proximos_eventos

Próximos eventos que non debes perderte

22/01/2018
Blog R

Se queres estar á última e non perder detalles do que está a ocorrer no mundo empresarial, aquí che contamos os próximos eventos aos que non debes faltar no mes de febreiro

Programa Go2Work

O Centro de Emprendemento do Gaiás organiza a terceira edición deste coworking de acceso libre dirixido a emprendedores de industrias culturais e tecnolóxicas.

Se es un emprendedor dentro dalgún destes dous sectores, non dubides en asistir ás diferentes actividades nas que coñecerás boas prácticas de traballo e poderás facer networking.

A súa duración é de xaneiro a xuño, así que aínda estás a tempo de anotarte na web da Escola de Organización Empresarial.

En@e Digital Meeting

Este ano celebra a súa segunda edición, na que se darán a coñecer todas as tendencias do marketing dixital por parte de destacados profesionais de diferentes disciplinas, posicionamento web, publicidade dixital e analítica.

Este evento está organizado pola ENAE Business School, escola de negocios líder no sueste de España e que pertence á Fundación Universidad Empresa de la Región de Murcia.

O sábado 10 de febrero ás 09:15 horas dará comezo este evento no que poderás ampliar os teus coñecementos e relacionarte con outras persoas que poden resultar moi interesante para o desenvolvemento da túa empresa.

Podes inscribirte na súa web, aínda que o único inconveniente é que queda un pouco a desmán de Galicia, o congreso é en Murcia.

Comunica2

Trátase do Congreso Internacional Sobre Redes Sociais que se celebra os días 15 e 16 de febreiro na Universitat Politécnica de Valencia, concretamente no campus de Gandía.

Está dirixido a estudantes, profesionais e investigadores que estean interesados no ámbito de redes sociais. Ao longo destas dúas xornadas aprenderán moito e farán moitos contactos, e nunca se sabe se destas xornadas acabará saíndo unha nova start up que se converta no Facebook do futuro .

Entre os relatores destacan o mellor do mellor dos que controlan nas redes no noso país, e fóra del.

Xa sabes se queres estar á última coas túas redes sociais non dubides en inscribirte.

Mobile World Congress

É un dos eventos máis importantes do ano, por non dicir que é o máis importante, tanto a nivel nacional e internacional.

Celebrarase entre o 26 de febreiro e 1 de marzo en Barcelona, e alí se darán cita profesionais de diferentes sectores que teñen o mesmo obxectivo, coñecer as novidades das comunicacións a través do móbil.
É un punto de encontro óptimo para facer moitos contactos interesantes e conseguir potenciais clientes e provedores.

Proximamente informarémoste de próximos eventos.

Ata a próxima!

Imaxe de https://unsplash.com/@erothermel

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.