menú

R en máis polígonos e concellos

15/01/2019
Blog R

Un dos compromisos de R con Galicia é que teñas a mellor rede de telecomunicacións. Non é fácil nunha comunidade con tanta dispersión e unha orografía tan complexa, pero non deixamos de despregar fibra óptica para que o teu negocio ou empresa teña a mellor conexión de internet e os mellores servizos de telecomunicacións.

Por esa razón, nos últimos meses chegamos a novos polígonos, parques empresariais e concellos nos que non había alta velocidade. E durante 2019 seguiremos traballando para mellorar e ampliar a nosa cobertura de internet fixo.

Polígonos

Simplemente para que teñas unha idea, no último cuadrimestre do ano chegamos con fibra óptica a estes novos polígonos galegos:

  • Salvaterra de Miño: parque empresarial de Chan da Ponte
  • Polígonos de Guitiriz, Monterroso e Palas de Rei
  • Polígonos de Agolada e A Cañiza
  • Meaño: polígono da Pedreira
  • Lalín: parque empresarial de Botos
  • Moraña: parques empresariais de Afieiras e Mirallos
  • Boqueixón: parque empresarial de Boqueixón
  • Curtis: parque empresarial de Teixeiro
  • Muros: parque empresarial de Muros

Concellos

Pola súa banda, os negocios e locais comerciais de novos concellos tamén teñen a opción a día de hoxe de contratar fibra óptica grazas ao despregamento que realizamos nos últimos meses. Actualmente estamos en 116 concellos de toda Galicia. Os últimos municipios en unirse á nosa rede de alta velocidade son estes:

  • Abegondo
  • Barreiros
  • Cerceda
  • Cuntis
  • Lourenzá
  • Meaño
  • Monterroso
  • Muros
  • Palas de Rei
  • Ribadumia

Máis velocidade

En paralelo, estamos a mellorar a velocidade das conexións de todos os nosos clientes. Como che contamos hai unhas semanas, os clientes que contan con 60 megas pasarán a 100 megas, os que conten con 100 megas duplicarán a 200 megas e se tes 200 megas melloras a 300 megas.

Non vai quedar aí a cousa, porque che iremos contando novidades as próximas semanas. Pero queremos que teñas claro que traballamos tanto para mellorar o servizo aos xa clientes como para chegarmos aos galegos que a día de hoxe non teñen a posibilidade de desfrutar dunha conexión de fibra óptica.

Cobertura

Un saúdo!

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Manuel di:

    Hola!

    Falamos de fibra óptica ou de cableado coaxial?

    A fibra óptica ten baixada e subida paralela de datos, por exemplo 200mb baixada / 200mb subida, non o que vos ofrecedes (200 /20), que a non ser que esté errado, o que dades non é fibra óptica, non sí?

    Grazas!