menú

Coñece o teu negocio. Fai o teu DAFO

23/06/2016
Blog R

O teu proxecto non funciona como che gustaría e queres saber por que? Non desesperes e elabora un DAFO para analizar  as decisións que tomaches durante a túa aventura empresarial. Quizais esteas a seguir a estratexia equivocada e necesites un xiro de 180 graos.

 

Coñecido tamén como SWOT (polas súas siglas en inglés, Strengths Weaknesses, Opportunities, Threaths), unha análise DAFO permíteche estudar a situación concreta pola que está a pasar o teu negocio (proxecto, carreira profesional…), axudándoche así a atopar os factores estratéxicos internos e externos que están a afectar ao teu negocio.

 

Non, non fomos nós os que inventamos o termo DAFO (tampouco é casualidade). DAFO fai referencia ás iniciais das catro variables que o integran: debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades.

 

Cada unha delas, identifica un factor que che permite ter unha visión positiva ou negativa do teu negocio. Este é o significado de cada un:

 

  • Debilidades: son factores que describen as cousas que fas mal e que te fan débil fronte á competencia.
  • Ameazas: son factores que poñen en perigo a supervivencia da túa empresa.
  • Fortalezas: son factores que describen as cousas que fas ben e que fan que o teu negocio sexa único.
  • Oportunidades: son factores que describen un contexto empresarial favorable para o teu negocio.

 

Destas catro variables, <<fortalezas>> e <<debilidades>> fan referencia aos factores internos da empresa. Á hora de elaborar a túa análise non che custará nada identificar que fai que o teu negocio sexa débil ou forte. Tampouco che custará implementar accións correctivas para mellorar as túas debilidades. Ti tes o control da túa empresa e por tanto dispós de capacidade para cambialo.

 

Ao contrario do que sucede con <<oportunidades>> e <<ameazas>>, que fan referencia a factores externos que afectan o teu negocio que non dependen de ti. Estas nacen da contorna na que se move o teu negocio e non tes capacidade de control sobre elas.

 

Así, cunha análise DAFO poderás:

  • Identificar e analizar aquelo que afecta directamente ao teu negocio (fortalezas e debilidades)
  • Identificar e analizar aqueles factores externos que afectan directamente ao teu negocio (ameazas e oportunidades)
  • Identificar e analizar os aspectos negativos que non permiten que a túa empresa se desenvolva correctamente (debilidades e ameazas)
  • Identificar os aspectos positivos que permiten que a túa empresa creza (fortalezas e oportunidades)

 

Para poder visualizar con maior comodidade e sinxeleza cada unha das variables, é recomendable estruturar o DAFO nunha matriz como esta:

esquema_DAFO

 

Como non podemos facer un DAFO por ti, deixámosche catro consellos para que poidas sacarlle partido:

  • As oportunidades deben aproveitarse. Se a situación do mercado é favorable á túa empresa, explótao. Mantenteinformado de todo o que sucede na túa contorna. Novas tendencias de consumo en mercados emerxentes poden supoñer unha oportunidade de negocio para ti.
  • As fortalezas deben utilizarse. Busca aquilo que che dá vantaxe fronte aos teus competidores e maximízao. Quizais, a gran vantaxe do teu negocio é o excelente servizo de atención ao cliente ou a túa inmediatez.
  • As ameazas deben minimizarse. Do mesmo xeito que un cambio político pode ser unha oportunidade para o teu negocio, tamén pode ser unha ameaza. Trata de identificalas o antes posibles para poder elaborar un plan de acción.
  • As debilidades deben eliminarse. Se fas algo mal, tenta corrixilo. A túa competencia aproveitarase da túa debilidade para convencer aos teus clientes.

 

Utiliza a análise DAFO cando necesites coñecer a situación na que se atopa o teu negocio. Se os fas ben, pódeche axudar a implementar novas estratexias que che permitan consolidar as túas fortalezas e aproveitar novas oportunidades de negocio.

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.