menú
modulo_empresa

Módulo empresa para negocios de R

05/06/2019
Blog R

Coñeces o módulo empresa de R? Trátase dunha vantaxe da que poden aproveitarse todos os negocios e empresas que son clientes de R. Esta opción inclúe unha serie de servizos moi necesarios para calquera tipo de empresa.

Co módulo empresa aforrarás na túa factura mensual, porque é moito máis económico que contratar cada un dos servizos que o compoñen de forma separada.

Que inclúe?

O módulo negocio inclúe os seguintes servizos:

  • mantemento en 12 horas: dispós dun mellor tempo de resposta ante calquera incidencia, porque o teu servizo é fundamental. Ademais, sexa cal for a causa da incidencia, nunca pagarás o desprazamento do técnico e se necesitas enviar o teu móbilR a reparar, deixámosche un de cortesía. Ademais, en caso de ter que cambiar a SIM, non terá custo para ti.
  • fax ip profesional: este servizo está incluído no contestador avanzado de R e grazas a el poderás esquecer o mítico e engorroso fax analóxico. Con el poderás recibir os faxes nun enderezo de correo electrónico e envialos dende a web fax.mundo-r.com.
  • multiring: trátase dun servizo de móbilR que che permite asociar o número fixo do teu negocio ao teu número móbil. Deste xeito, aínda que non esteas fisicamente no teu lugar de traballo recibirás as chamadas no teu móbil, e non perderás ningunha comunicación que che fagan os teus clientes .
  • chamadas internas: todas as chamadas dos números da túa conta son gratis, xa sexan entre o fixo e o móbil ou viceversa. Cada chamada ten un máximo de 60 minutos e, ao pasar ese límite de tempo, facturaríase 20,66 cent/minuto. Pero xa sabes o truco, se te vas pasar dos 60 minutos colga o teléfono e volve chamar .

Como podes comprobar, todos estes servizos son moi útiles para o teu negocio ou empresa con eles aforrarás uns cartiños a final de mes. Sobre todo se tes varias liñas de teléfono, non queres peder ningunha chamada e si queres recibir o mellor soporte. E tamén che axudan a optimizar o teu tempo e a organizar o teu traballo moito mellor. Xa nos contarás que tal .

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

Imaxe de @headway

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.