menú

3 claves de marketing de Nadal para o teu negocio

05/12/2017
Blog R

O marketing de Nadal existe, non son os pais. Datas como estas son importantes para as vendas do teu negocio. Se aínda non tes unha estratexia ou queres mellorar a do ano que vén, a continuación deixámosche tres claves para que o teu negocio brille durante as festas.

Dálle ao teu negocio un aspecto do Nadal

Deixa que a maxia e o espírito do Nadal invada o teu negocio colocando luces, figuras, lambonadas ou os adornos que máis se identifiquen coa túa marca. Coida ata o máis mínimo detalle. O teu escaparate, a portada da túa tenda online ou a forma de empaquetar un agasallo, poden converterse en cuestións clave para que un cliente se decida por tí.

Se consegues conectar emocionalmente cos teus clientes e chegas a transmitirlles que na túa tenda se respira Nadal, seguro que atopan, polo menos, un agasallo para os que máis queren.

Iso si, utiliza o teu sentido común. Non é necesario que esnaquices a túa identidade de marca para os teus clientes saiban que estamos en festas.

Deseña ofertas e promocións

Non descartes ningunha idea. Calcula o orzamento de cada unha delas e proporciónalles un oco no teu calendario se son viables.

Aínda que a túa marca sexa única, os teus produtos teñen que resultar atractivos aos ollos de calquera posible cliente. Deseña as túas propias promocións e ofertas.  Se non se che ocorren ideas, busca tendencias no mercado e adáptaas á filosofía do teu negocio.

Se tes unha tenda online, ofrece aos teus clientes a oportunidade de empaquetar as súas compras para agasallo ou amplía o prazo de devolución ata que pase o día de reis.

Na túa tenda física, deseña  promocións especiais para aqueles produtos que non consegues vender ou ofrece un agasallo por calquera compra superior a 30€.

As posibilidades son infinitas. Podes marcar un día no que todos os teus produtos teñan un desconto do 15%, regalar aos teus clientes unha bolsa exclusiva polas súas compras ou adiantar a túa campaña para que os teus clientes realicen as súas primeiras compras do Nadal no Black Friday ou no Single Day.

Non descartes ningunha idea. Calcula o orzamento de cada unha delas e búscalles un oco no teu calendario se son viables.

Dille aos teus clientes o que facedes no teu negocio

Non esquezas contar que se está cociñando na túa tenda. É importante que os teus clientes estean ao día das novidades e ofertas. Se non, de que serve?

Nos últimos anos, internet converteuse na canle de comunicación por excelencia para establecer diálogo cun cliente. As redes sociais permítenche informar de todo o que sucede na túa tenda. Mesmo podes asesorar aos teus clientes, resolver calquera problema ou agradecer a súa fidelidade con promocións especiais.

Por suposto, se queres ir máis aló, recomendámosche que combines as redes sociais con sms web de R. Este servizo de R, permíteche enviar mensaxes aos teus clientes desde o ordenador do teu negocio. Así, poderás enviarlles as promos antes que a ninguén ou lembrarlles que poden pasar a recoller o que che encargaron. Aquí, tes máis información sobre sms web.

Nesta época do ano, o incremento de vendas é tan notorio que moitos negocios rexistrarán o 20% das súas ganancias anuais. A maxia do Nadal invade as rúas e tes que estar preparado. Toma o tempo que necesites para deseñar unha estratexia de marketing de Nadal co fin de ofrecer as mellores ideas para regalar.

Comercio electrónico

O comercio electrónico ou ecommerce é a xoia da corona das vendas. Arredor da época de Nadal e cando máis compras se fan, sobre todo vía online grazas á súa comodidade e á posibilidade de comparar ofertas.

A través das webs búscanse recomendacións de produtos, valoracións polos usuarios e ao rematar o proceso de búsqueda realízase a compra. O pasado ano en Estados Unidos a porcentaxe de compras en internet igualou ao das compras en tendas físicas. Así que a tendencia está máis que clara: comprar en internet non nos asusta, gústanos a súa facilidade e a posibilidade de acceder a un gran catálogo en movernos da casa.

O que máis valoran os compradores son a facilidade á hora de atopa o produto, a ampla variedade na oferta.

Ata a próxima!

Imaxe de unsplash.com

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.