menú
linkedin

Linkedin: a rede na que se non estás presente, non existes

11/11/2018
Blog R

Linkedin é a rede social profesional máis grande do mundo cuxo obxectivo é poñer en contacto a empresas e profesionais de diferentes sectores.

Hoxe en día ten máis de 500 millóns de usuarios rexistrados entre os que se atopan, multinacionais, pequenas e medianas empresas, autónomos e traballadores de todo tipo de rangos. Así que se o teu negocio aínda non está en Linkedin non existes .

Por que preciso estar en Linkedin?

Linkedin é moi útil se como traballador queres cambiar de proxecto profesional ou iniciar un novo. Pero para as empresas é a mellor plataforma para darse a coñecer entre potenciais clientes, provedores e futuros empregados, é dicir, os tesouros máis prezados de calquera empresa .

Pero hai moitos máis motivos polos que deberías ter páxina de Linkedin:

  • Para ter información de primeira man das tendencias do teu sector e do mercado.
  • Para dar a coñecer a túa empresa a través de publicidade ou dunha estratexia de contidos.
  • Para participar en grupos e foros e coñecer diferentes opinións. É unha das técnicas que máis se están empregando para saber como respiran os diferentes mercados. Así que toma nota!
  • Para redirixir o tráfico online á túa web, blog e outras redes sociais.

Como me dou de alta?

Para crear unha páxina de empresa en Linkedin é necesario que previamente teñas un perfil persoal e un correo electrónico con dominio propio da empresa ou negocio que vas dar de alta.

Linkedin poncho moi fácil á hora de darte de alta e detállache os pasos que tes que seguir para crear a túa propia páxina.

Tamén podes botar man da guía práctica de uso de Linkedin que ofrece de forma gratuíta Hubspot para poñer a punto a túa páxina.

Seguro que xa viches moitas páxinas e perfís en Linkedin, pero aquí mostrámosche a nosa por se non a coñeces .

widget

E agora que?

Agora que xa estás en Linkedin é o momento de empezar a:

  • Facer contactos útiles, é dicir, non sigas para alcanzar un número elevado de seguidores, aquí prima a calidade. Revisar que intereses vos unen e que che poden aportar.
  • Únete a grupos relacionados co teu negocio, aínda que a competencia estea presente. Lembra que debes conseguir a máxima información posible.
  • Xerar contido útil para ti e para os teus seguidores.
  • Compartir contidos útiles, evita compartir todo o que vexas porque os teus contactos acabarán identificándote como xerador de spam.

Unha vez constrúas a túa rede de contactos, tes que ser constante na rede e estar atento ao que sucede e como oscila o mundo empresarial. E os teus seguidores agardan as túas novidades así que non os defraudes.

Non esquezas establecer unha estratexia de contidos para Linkedin na que debes ter claro que queres comunicar e a quen. E non esquezas o cando, é moi importante saber cales son as mellores horas para lanzar os teus contidos para obter un maior rendemento.

A que esperas para estar xa en Linkedin? Cóntanos como é a túa experiencia na rede social que domina o mundo empresarial.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

imaxe de getreferralmd.com

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.