menú
IoT

O IoT xa é unha realidade que mellora o teu traballo

15/07/2019
Blog R

O IoT, Internet das Cousas, pasou de ser unha predición futura a unha realidade que mellora o teu traballo. Grazas a el poderás obter unha maior produtividade e automatizar procesos.
Imos ver que pode facer por ti o IoT.

Pero, que é o IoT?

Trátase dun sistema que conecta diferentes obxectos con diferentes sensores que enviarán esa información a internet para poder establecer un control sobre eles.

Unha vez recompilados os datos do obxecto seleccionado (poden ser máquinas industriais, vehículos, barcos, televisores, computadores, móbiles, etc.) hai que analizalos en función do contexto no que foron escollidos e o obxectivo que se pretende alcanzar.

A análise de datos ten como finalidade coñecer o comportamento dos obxectos dentro dun proceso de traballo. Unha vez analizados os datos, debemos dotar os obxectos de intelixencia a través duns patróns de conduta que cumpran os obxectivos marcados.

A parte da análise é a base do IoT, xa que os datos son só números. Pero, unha vez analizados, convértense en información moi moi valiosa a partir da que se crean os patróns de conduta dos obxectos.

Como podo aplicar o IoT no meu negocio?

Os expertos nesta tecnoloxía aconsellan que as empresas deben comezar a mergullarse no mundo do IoT aos poucos. E que o primeiro que teñen que facer é ter claro os obxectivos que queren alcanzar e abrir a súa mente para empezar a experimentar e a aprender cousas novas.

Existen diferentes sistemas de IoT, poden ser tan sinxelos como a xestión de alarmas nos teus dispositivos electrónicos ou a monitoraxe dunha cadea de montaxe da industria automobilística.

Dá igual a que sector se dedique o teu negocio ou empresa, o IoT é o futuro . En R xa nos puxemos as pilas con este tema.

Vantaxes

Empezar a aplicar o IoT no teu negocio achegarache as principais vantaxes:

  • Optimización de procesos.
  • Redución de custos operativos.
  • Utilización óptima de activos.
  • Incremento da produtividade.

O maior inconveniente que ten o IoT é todo o relacionado coa seguridade informática. Hai que ter todo “ben atado” para que ningún hacker se coe por algún dos dispositivos que monitoran os nosos procesos de produción.

3ollos R

Se queres comezar a utilizar na túa empresa IoT R ofréceche o servizo 3ollos R.

Con 3ollos R poderás coñecer todo o que ocorre no teu negocio mentres ti non estás. Podes vixiar o que ocorre, acender ou apagar as luces e a calefacción e saber se se detecta algún movemento. E tamén poderás aforrar no consumo de enerxía da túa empresa.

Ademais, trátase dun servizo personalizable, xa que podes seleccionar o tipo de información e avisos que queres recibir.

Todos estes servizos poderalos xestionar desde o teu móbil coa app 3ollos R, dispoñible para Android e para iOS.

E ti, xa te estreaches co IoT?

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima

Imaxe de unsplash.com/@nasa

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.