menú

Ferramentas de Intelixencia Artificial para negocios

27/11/2018
Blog R

A tecnoloxía cambiou a nosa forma de entender o mundo. Se nos quitasen o móbil e internet, seguro que nos levaría un tempo repensar a nosa rutina diaria. Pero, non é só cousa nosa. A tecnoloxía chegou ás empresas para quedar. Cada vez son máis os negocios que se transforman dixitalmente e que utilizan servizos baseados en Intelixencia Artificial para optimizar procesos e mellorar a súa produtividade.

3 formas nas que a Intelixencia Artificial impulsa o teu negocio

Cando se fala de Intelixencia Artificial aplicada ao mundo empresarial, de entrada, imaxinámonos grandes robots traballando en produción en cadea dentro dunha fábrica. Con todo, existen aplicacións sinxelas que utilizan machine learning (aprendizaxe automática) e ciencia do comportamento para mellorar a relación cos clientes ou resolver problemas técnicos.

Aquí deixámosvos 3 aplicacións baseadas en Intelixencia Artificial (AI) capaces de mellorar a produtividade dunha empresa:

Restless Bandit, atopa o candidato perfecto

As persoas que traballan captando talento son conscientes do laborioso que pode ser atopar á persoa ideal. É comprensible que moitas empresas decidan aplicar AI nos procesos de selección de persoal.

Restless Bandit é un produto SaaS ( Service as a Company) que automatiza tarefas como: localizar candidatos e determinar o mellor horario para unha entrevista.

A Domo, reorganiza os datos do teu negocio

Un negocio xera centos de datos, pero non sempre resulta fácil extraer información útil deles. Domo creou un dashboard que recompila información para axudar ás compañías a tomar decisións. Non importa o sector no que operen. Esta app recompila datos doutras que poden ser utilizados para contextualizar cada negocio.

IA Watson Explorer, acelera procesos administrativos

IA Watson Explorer procesa centos de datos para acelerar procesos administrativos e a toma de decisións. Por exemplo, un fabricante de coches utiliza a aplicación de IBM para detectar incidencias nos seus vehículos e salvar vidas.

Crear máquinas (software ou hardware) capaces de analizar situacións por si mesmas abriu o debate de ata onde debería chegar o ser humano no desenvolvemento de Intelixencia Artificial. Enxeñeiros e científicos senten fascinación pola posibilidade de imitar o cerebro humano, pero moitos son incapaces de asegurar que non chegará o día no que se nos vaia das mans.

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. aterrado di:

    Ai ai ai… a ver, hai milleiros, millóns de artigos onde se expoñen exemplos de uso de AI en empresas de calquera tamaño. En Galicia hai moitas compañías adicadas a ofrecer estes servizos. O ano pasado tivemos a un galego como mellor data scientist, que por certo, traballou con vos nun proxecto de Big Data e agora traballa nunha gran empresa galega… Euskaltel Grupo vai vendendo as capacidades que tedes de Big Data para empresas…

    E o que escribides é isto? Veña, falade cos que escribiron o artigo e que traballen un pouco máis. Isto non é aceptable.

    Ánimo, que o podedes facer mellor.