menú
instrumentopyme

Instrumento PyME axúdate a innovar na túa empresa ou negocio

02/07/2018
Blog R

Instrumento Peme enmárcase dentro do oitavo Programa Marco Europeo de financiamento de I+D+i Horizon 2020 dirixido a pequenas e medianas empresas.

O seu obxectivo é acelerar a innovación dentro das pemes e así fomentar o seu crecemento dentro do mercado. E para abarcar esta finalidade, Instrumento PyME dota de financiamento as empresas.

Se estás a pensar que esta é unha iniciativa que te pode axudar no proxecto que tes en mente, consulta as convocatorias abertas neste momento dentro deste programa.

Fases de financiamento

Podes presentarte coa túa empresa ou cun colectivo e ao longo de todo o proceso de innovación ofrecerase financiamento estruturado en diferentes fases.

1.Plan de negocio. É a primeira fase de financiamento. Trátase dunha subvención a fondo perdido de 50.000 euros.

2.Desenvolvemento do proxecto. Nesta fase finánciase a investigación, o desenvolvemento, a demostración e a réplica comercial.

3.Comercialización. Nesta última fase ofrecerase asesoramento, formacións e información sobre o mercado, en ningún momento se realizará o financiamento directo.

Previamente a solicitar o financiamento deste programa podes avaliar o potencial da túa empresa ou negocio a través da iniciativa “Fast Track to Innovation”.

Horizon 2020

Horizon 2020 é o novo Programa de Financiamento da Investigación e a Innovación na Unión Europea para o período 2014 – 2020.

O seu obxectivo é financiar as iniciativas de innovación e investigación no sector científico, industrial e empresarial.

Inclúe varios programas de financiamento e, entre eles, atópase Instrumento PyME, que apoia os proxectos de innovación de pemes ou consorcios da Unión Europea.

Se estás a traballar en proxecto innovador asesórate con Horizon 2020 ou con Instrumento PyME.

Ata a próxima!

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

imagen de https://www.rawpixel.com/

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.