menú
TEDxGalicia

Entradas para TEDxGalicia 2017

02/10/2017
Blog R

As entradas para a nova, e derradeira, edición do TEDxGalicia xa están á venda. A data escollida será o vindeiro 2 de decembro na Cidade da Cultura de Galicia, concretamente no Museo Centro Gaiás.

O lema desta edición é “Utreia” co obxectivo de facer unha interpretación libre do “máis alá” para dar un paso máis nas nosas interpretacións sobre a realidade.

Polo momento non hai moita información sobre esta edición, pero o que si podes é adquirir a túa entrada a prezo anticipado a partir do 1 de outubro.

Charlas TEDx 2017

Este ano será a derradeira vez que visite TEDx a nosa terra. Por iso tes que aproveitar para ir e desfrutar dos relatores máis punteiros en tecnoloxía, arte, ciencia ou política.

Aínda non se sabe quen asistirá este ano, pero tan pronto o saibamos actualizaremos este post con todo detalle.

O que si sabe é que a xornada comezará pola mañá, contara cunha sesión vermut e outras actividades. Continuará á tarde con máis charlas e unha actividade sorpresa para despedir o TEDx en Galicia.
De todos os xeitos, se tes calquera dúbida sobre a nova edición podes enviar un correo a 2017@tedxgalicia.com.

Colaboración

A organización do TEDxGalicia conta con moita axuda económica e humana por parte de diferentes organismos e empresas. A Fundación Galicia Sustentable e o Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura son os seus dous maiores colaboradores, xunto cos voluntarios que traballan na loxística do evento.

Por outra banda, os relatores que participaron nunca cobraron polas súas intervencións e as organizacións que prestan os seus espazos fano dun xeito desinteresado.

Pero todo isto non é de todo suficiente, tamén conta con axuda de persoas anónimas. Se ti tamén queres colaborar na creación deste próximo evento podes comprar a túa entrada a dobre prezo.

Estas entradas tamén estarán á venda a partir do 1 de outubro na web www.tedxgalicia.com.

Edicións pasadas

TEDx lévase celebrando en Galicia dende o ano 2010 da man da Cidade da Cultura de Galicia, e neste dous últimos anos celebráronse dúas edicións consecutivas.

No portal web de TEDxGalicia podes consultar como se desenvolveron as pasadas edicións, e aquí podes ver como foi a última.

 


A maior parte dos asistentes a pasadas edicións dos TEDxGalicia coñeceron distintos xeitos de entender a vida, aprenderon a darlle valor a determinados aspectos que sempre pasaron por alto e, sobre todo, valoraron moitas cousas útiles para o día a día na vida persoal e laboral.

Así que, a que estás esperando para anotarte?

E cando confirmen o programa aquí o terás.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios