menú
galiciatic

Ven ao GaliciaTIC con R

27/04/2018
Blog R

O edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia acolle o 24 de maio unha nova edición do GaliciaTIC. E dende R gustaríanos que nos acompañases neste evento de primeiro nivel (é gratuíto e ademais, inclúe xantar).

En R estaremos alí, apoiando e participando nesta iniciativa que busca apoiar as iniciativas tecnolóxicas de Galicia. Este ano a transformación dixital será o eixo principal sobre o que xiren todas as actividades dun evento que procura achegar a Galicia os últimos avances tecnolóxicos.

Programa

Haberá empresas de primeiro nivel falando. Ademais de R estará xente de Google, Microsoft, Televés, Imatia, Indra, Citrix, Orange…

Na xornada analizaranse as tecnoloxías, capacidades e infraestruturas que están a impulsar a transformación dixital. O noso compañeiro Óscar Fafián participará nunha mesa redonda sobre os retos da transformación dixital. Mentres que o noso compañeiro Alberto Díaz moderará unha mesa sobre robots software onde as TIC son clave na automatización dos procesos.

Tamén se falará sobre a transformación do posto do traballo, sobre a protección de datos e incluso haberá unha sesión práctica de ferramentas para a transformación dixital. Consulta o programa completo.

Acompáñanos

Dende R queremos convidarte a que esteas no GaliciaTic 2018. Encantaríanos que nos acompañases porque é un evento que paga moito a pena. Como dicimos, a entrada é libre e durante a comida poderás falar con nós ou con calquera dos participantes.

Só tes que rexistrarte e, no tipo de inscrición, poñer “invitado patrocinador”. En “patrocinador” indica R e escribe o código GT2018_R.

http://www.galiciatic.com/inscripcion

widget

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios